• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
RIBADUMIA> Uns 35 concellos de Galicia atópanse en alerta de prevención da gripe aviar segundo a Xunta de Galicia. Aquí en O Salnés son sete os de maior risco. Por iso dende os concellos de Ribadumia, Cambados, A Illa, Vilanova, Meaño, O Grove e Sanxenxo poñen a disposición dos cidadáns unhas follas de rexistro nas que rexistrar as aves de uso doméstico a fin de previr ou localizar problemas no hipotético caso de que se localice algún caso de gripe aviar na zona.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
ILLA> O Museo da Conserva na Illa conta cunha nova caldeira de biomasa. Unha instalación que contamina menos e permite un maior aforro no consumo. O alcalde da vila, Carlos Iglesias recibiu o delegado da Xunta en Pontevedra para amosarlle esta nova equipamento que foi financiada entre a administración local e a autonómica.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> A conselleira de Medio Ambiente e a de Mar mantiveron esta mañá unha reunión coas confrarías da ría e alcaldes dos concellos afectados. Beatriz Mato anunciou que o anteproxecto do emisario submarino estará no mes de xuño. Dito emisario terá unha lonxitude de 3,5 quilómetros e estará situado lonxe das bateas.
Publicado en PONTEVEDRA
RIBADUMIA> Ribadumia conta cunha nova instalación de alumeado público no zona de A Torre e a rúa Mosqueiro. Un cambio que permite ao concello un aforro no consumo eléctrico superior ao 50 % de media entre as dúas zonas, e que foi posible a través da orde de compensación ambiental de Vicepresidencia da Xunta de Galicia en colaboración co concello do municipio.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> O concello de Cambados podería enfrontarse a unha sanción de 5.000 euros da Xunta de Galicia. O motivo: unha fochanca no firme da estrada da avenida de Vilagarcía. O goberno autonómico asegura que un problema na tubaxe municipal é a responsable. O executivo local, pola súa banda, critica o mal estado xeral deste vial de titularidade autonómica. O concello de Cambados vén de recibir unha proposta de inicio de expediente sancionador por parte da Xunta de Galicia polo afundimento do firme no punto quilométrico 9 da estrada PO-559, Cambados-Vilagarcía. O goberno autonómico responsabilízaos da fochanca que apareceu na zona. O goberno local xa solicitou un informe a Viaqua para averiguar se realmente a tubaxe é a responsable do problema, pero non ocultan a súa sorpresa por esta posible sanción. O executivo cambadés sinala que o firme leva anos deteriorado, e que a tubaxe non é unha obra recente. Incluso aseguran que xa interviron en varias ocasións con cargo ás contas municipais. Abal pediu ademais a colaboración de todas as administracións, recordando a importancia de manter en bo estado as infraestruturas tendo en conta o nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> Esta mañá celebrouse en Sanxenxo unha Xornada sobre Lexislación Turística, organizada polo Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo. Na mesma participaron o alcalde de Sanxenxo ou a Directora Xeral de Turismo de Galicia, entre outros. O salón de actos do Auditorio Emilia Pardo Bazán, en Sanxenxo, acolleu este xoves a Xornada sobre Lexislación Turística. Unha iniciativa moi produtiva para os profesionais do sector, que puideron actualizarse en canto a achegas autonómicas e diferentes regulamentos relacionados co sector. A xornada estivo dividida en dúas partes. a primeira estivo dedicada ao Turespazo e a segunda a lexislación turística. Ademais falouse tamén da nova incorporación dun sistema de valoración por puntos para os hoteis e pensións e a incorporación do termo "superior" en todas as categorías. Unha xornada na que os membros do sector da hostalería puideron asistir de balde, e poñerse ao día das novidades que nos vindeiros meses afectaran o mesmo.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
PONTEVEDRA> Pontevedra recordará este sábado a un dos seus gaiteiros máis ilustres. Xunta, Deputación e os concellos da capital e de Cerdedo-Cotobade irán da man para conmemorar o vixésimo quinto aniversario do pasamento de Ricardo Portela. Un aniversario que ademáis vén acompañado do lanzamento do disco Aires de Pontevedra, no que o gaiteiro Óscar Ibáñez homenaxea ao músico. Este ano cúmprense 25 do pasamento do gaiteiro Ricardo Portela. Unha efeméride que nin a súa terra natal, Cerdedo-Cotobade, nin a adoptiva, Pontevedra, nin Xunta nin Deputación, quixeron deixar pasar. O venres 24, Cerdedo-Cotobade acollerá ao mediodía unha ofrenda floral no busco do gaiteiro da praza do concello. O 25 será a quenda de Pontevedra, con pasarrúas e coa presentación dunha placa conmemorativa na rúa Laranxo, na casa onde vivía. A partires das 9 da noite, o teatro principal acollerá unha gala homenaxe, na que se presentará o disco ‘Aires de Pontevedra. Homenaxe a Ricardo Portela 25 Aniversario Pasamento’, do gaiteiro Óscar Ibáñez. No disco Ibáñez contou coa colaboración de músicos que tocaran con Ricardo Portela, e gravou todas as pezas coa gaita do recoñecido gaiteiro.
Publicado en CULTURA
O GROVE> A directora Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Sol Vázquez, visitou esta mañá a Praza de Abastos de O Grove, que está en fase de acondicionamento para ofrecer espazos a baixo custe a aqueles que queiran emprender o seu negocio, e deste xeito contribuír a dinamizar o mercado da vila.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILANOVA> Avanzan a bo ritmo os traballos para rehabilitar os muíños de Currás, en Vilanova de Arousa. A intervención correu a cargo dos alumnos do obradoiro de emprego da Mancomunidade do Salnés, que conseguiron a recuperación destas tres instalacións que levaban máis de 100 anos derruídas. A rehabilitación dos Muíños de Currás, en Vilanova de Arousa, está prácticamente rematada. O alcalde e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitaron esta mañá a zona, na que aínda traballan os alumnos do Obradoiro de Emprego da Mancomunidade do Salnés encargados das tarefas. Con esta intervención, o concello recupera estas tres construcións que foran destrozadas hai máis de 100 anos por un temporal. Finalizada a recuperación das estruturas, unicamente queda pendente a instalación do mecanismo nun dos muíños. Fase da que xa se encargará o concello vilanovés. No marco deste obradoiro tamén se rehabilitaron tres muíños en Sanxenxo e un en Meaño.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> A presidenta e o vicepresidente da Deputación saíron satisfeitos da reunión que onte mantiveron co Presidente e vicepresidente da Xunta en Santiago. Un encontro que durou preto de 2 horas e no que se falou moito das transferencias de centros e servizos entre o goberno provincial e o galego. Unhas transferencias que Carmela Silva agarda que sexan efectivas neste mandato.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> Dende o PSOE provincial denunciaron a precaria situación na que se atopa o servizo de patrimonio en Pontevedra. Un feito, que segundo, Santos Hector, pon en evidencia que á Xunta non lle interesa a nosa provincia. Por iso, presentarán unha moción nos concellos pontevedreses, co fin de instar ao Goberno Galego a que se cree un protocolo de actuación que garanta o servizo de patrimonio.
Publicado en PONTEVEDRA
Luns, 13 Febreiro 2017 19:02

Meis únese ante os estragos de 'Kurt'

MEIS> Unanimidade en Meis ante os estragos do temporal. A corporación municipal aprobou esta mañá en pleno extraordinario unha moción para definir a postura do concello ante esta situación. Instar a Xunta e Deputación para conseguir axudas para os afectados, asesorar aos veciños e investigar e sancionar o papel das compañías eléctricas, son os puntos que recolle a moción.

Información adicional

  • Subtítulo

    A corporación vota de xeito unánime unha moción para instar ás administracións na procura de axudas.

Publicado en SALNÉS - CALDAS
Páxina 1 de 17
HomeCorporativoMostrando artigos por etiqueta: Xunta de Galicia Top of Page

Síguenos en facebook