Canal Rías Baixas, á cabeza das televisións locais

repetidor.jpgMUROS> Canal Rías Baixas converteuse na televisión local coa maior rede de estacións de TDT en Galicia.

{flowplayer}barbanza/antenatdt.flv{/flowplayer}

Dende este martes o novo repetidor de Monte Serres emite a través da canle 27. Un dispositivo que se vén sumar á ampla rede con que conta Canal Rías Baixas con cinco repetidores repartidos entre as rías de Muros-Noia, Arousa e Pontevedra.

Sinal reforzada

A mellora do sinal no entorno de Muros Noia, reforzándoa naqueles núcleos onde era máis débil e abríndoa a novos concellos, levará aparellada a creación de novos contidos específicos destas comarcas.

A partir do próximo seis de xaneiro, tan só este novo repetidor xunto co instalado no monte San Lois en Noia emitirán a través da canle 27. O de Xiabre deixará de facelo, emitindo unicamente a través da canle 47 polo que aqueles fogares que reciben o seu sinal deberán adaptar a instalación do seu TDT.

Plataforma dixital

Unha vez completada a súa rede de estacións, Canal Rías Baixas ten previsto comezar a emitir a través do operador galego de cable R durante os primeiros meses do 2010.

Redacción Barbanza