09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus
Dende hoxe día 20 e ata o 24 de xaneiro o recinto feiral madrileño acolle FITUR, a Feira Internacional de Turismo e evento líder no sector despois da ITB de Berlín. Para contarnos ao detalle todo o que acontece no espazo expositivo de Galicia Canal Rías Baixas desprazouse a Madrid. 
Publicado en CANALRIASBAIXAS
CANAL RÍAS BAIXAS> Onte volveu á grella de Canal Rías Baixas o programa de entrevistas Pleno Aberto. A directora xeral de Turismo, Nava Castro, o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e a voceira do BNG en Porto do Son, Ánxela Franco, foron os tres invitados que estrearon a nova tempada. Enfrontáronse, ademais, a unha das novidades: as chamadas en directo. Agora os telespectadores poden chamar para facer preguntas aos convidados.
Publicado en CANALRIASBAIXAS
Domingo, 26 Xaneiro 2014 13:41

Emision en directo desde Fitur

Madrid - Fitur > Canal Rías Baixas EMITIU EN DIRECTO dende Fitur as presentacións e actividades máis salientables levadas a cabo dende o stand de Galicia.
Publicado en CANALRIASBAIXAS
Luns, 20 Xaneiro 2014 17:37

Canal Rías Baixas estará en Fitur 2014

Canal Rias Baixas de novo estará presente na nova edición da "Feria Internacional del Turismo", Fitur 2014.   Nesta edición o coñecido xornalista Carlos Portas, dirixirá a cobertura mediática desta canle desde Madrid.  Carlos Portas foi correspondente de TVG en Porto e durante 11 anos en Bruxelas, e na súa última etapa na televisión autonómica foi Director e presentador do programa informativo matinal Bos Dìas.
Publicado en CANALRIASBAIXAS
SALNÉS> Canalríasbaixas fixo na tarde de onte o seu apagón analóxico. Dende as 15:30 horas o repetidor de Xiabre emite dende a mesma Canle 47 pero só en dixital.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CORPORATIVO > O xoves 6 de  xullo de 2006 ó Consello da Xunta de Galicia aprobou a adxudicación de concesións administrativas para a televisión dixital local en Galicia. TeleSalnés-Barbanza acadou dúas desas licencias de televisión dixital local. Deste xeito remata a situación de inseguridade xurídica na que se atopaban as televisións locais en Galicia.  Algunhas a partires de agora contan coa súa respectiva licencia para exercer legalmente unha actividade que, no caso de TeleSalnés-Barbanza, comezou hai xa 12 anos.
Publicado en CANALRIASBAIXAS
HomeCorporativoMostrando artigos por etiqueta: canalriasbaixas Top of Page

Síguenos en facebook