• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Super User

Xoves, 19 Xaneiro 2017 11:31

Fitur2017 en directo Canal Rías Baixas

Emisión en directo desde fitur
Venres, 05 Decembro 2014 13:26

Canal rias baixas tamén en Tumblr

Desde hoxe, o acceso as novas desta web tamén estará dispoñible en Tumbler. Podedes seguirnos en http://canalriasbaixas.tumblr.com
Martes, 02 Setembro 2014 17:14

A volta pasa por aquí

Por onde pasa a volta ?
O Grove > A empresa de Cupertino, abriu unha área de libros de texto, iBooksTextbooks, unha área dentro da súa tenda de libros que ata agora só funciona no Reino Unido , EEUU, Canadá e Australia. España é hoxe un dos 51 países que poden acceder a este contido.
  O pobo de Vilanova de Arousa rendeu esta fin de semana unha sentida homenaxe a unha das súas figuras máis queridas. Trátase de Jesús Nogueira, director da Banda Cultural durante trinta anos e ó que o recoñecemento colleu totalmente por sorpresa. Un día inzado de actos nos que músicos, familiares, veciños e autoridades só tiveron palabras de loubanza e agradecemento para Nogueira.Imposible non emocionarse ante as sentidas palabras dun fillo orgulloso do seu pai. Loubanzas e palabras de agarimo correron esta fin de semana en Vilanova para homenaxear a un dos seus veciños máis queridos: Jesús Nogueira. Director da Banda Cultura desde o seu nacemento hai trinta anos e a día de hoxe segue ó pé do cañón, como di el, ata que lle deixen. A homenaxe a Nogueira comezaba horas antes en Caleiro, na casa nai da familia. Xusto no momento no que o homenaxeado chegaba en coche atopábase cunha banda de preto de cen músicos que lle deron a benvida. Entre eles, integrantes de tódalas xeracións que pasaron pola formación. Desde alló partiron en pasarrúas ata o concello, dirixidos, como non , por Nogueira. Na casa consistorial a corporación municipal ofreceulle unha recepción oficial e dalí marcharon ara a praza da Pastoriza primeiro e logo ó Xardín Umbrío, onde a Banda agasallou ós presentes cun concerto que se intercalou coa proxección de imaxes e vídeos nos que achegados de Nogueira e membros ou antigos integrantes da banda contaron anécdotas sobre o homenaxeado. Unha xornada que Nogueira non poderá esquecer e na que se demostrou que os vilanoveses saben agasallar ós seus conveciños máis queridos.  
     
RIBADUMIA> Veciños e visitantes participaron masivamente tanto degustando viño como sendo parte activa dos eventos que se organizaron A Festa do Viño Tinto do Salnés cumpríu este ano o seu 41 aniversario. Despois da inauguración do venres os actos centrais volvéronse a desevolver na xornada do sábado, na que se investiu ós novos Valedores: a fotógrafa Mónica Irago, o pintor Abel Fernández Abelenda, o adegueiro Juan Carro e o xuíz de paz de Ribadumia, Calixto López.
HomeCorporativoSuper User Top of Page

Síguenos en facebook