• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Marta Landeira

VILAGARCÍA> A pouco máis de vinte días para que se celebre a Festa da Ameixa en Carril, a polémica continúa. Costas desaconsella a actuación da París de Noia na praia ao tempo que a oposición da vila, a excepción do BNG, únese de cara ao vindeiro pleno, para garantir a celebración carrilexa.
VILAGARCÍA> A mobilidade sostible é unha realidade en O Salnés. Conscientes do avance da industria do automóbil neste eido Iberocar Gestoso e os responsables da revista especializada "Yo Taxi", organizaron unha charla para o sector do taxi na que puideron expoñer os beneficios dos seus novos vehículos ecolóxicos, nun entorno inmellorable; o Pazo de Rubiáns.
SANXENXO> Este mércores presentáronse en Sanxenxo as novas ofertas dos "Minicruceiros costeiros polas Rías de Galicia" para esta campaña 2017-2018. Un acto ao que asistiron numerosas personalidades políticas e empresariais.
CAMBADOS> Gran satisfacción na Asociación Agraria de Galicia ante os resultados acadados nas eleccións do Consello Regulador de Rías Baixas. Esta tarde terá lugar a lectura oficial de resultados na Consellería do Medio Rural, pero a espera de que se confirme a entidade é a que máis votos acadou neste proceso electoral.
O BNG saíu a rúa este martes para informar aos cidadáns sobre os actos preparados de cara a celebración do 25 de xullo. Para os nacionalistas o Día da Patria é unha data de festa pero tamén de reivindicación para os dereitos dos galegos e galegas.
PONTEVEDRA> O PP provincial solicita un pleno extraordinario para que a Deputación se pronuncie sobre a Cidade Infantil do Príncipe Felipe. Unha petición que chega despois de que o goberno provincial anunciase a supresión do convenio coa Xunta de Galicia a causa dos incidentes rexistrados no mesmo.
CAMBADOS> As Catas de Galicia de Viños, Augardentes e Licores Tradicionais celebraron onte o acto no que se recoñeceron o mellor caldo branco e tinto do ano. No acto, que se celebrou en Cambados, déronse cita importantes rostros da política, do mundo empresarial e social da comunidade.
Páxina 1 de 120
HomeCorporativoMarta Landeira Top of Page

Síguenos en facebook