• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

Silvana Moril

Pontevedra> 315 rapaces do Sáhara participan neste verán no programa Vacacións en Paz en toda Galicia. Deles, 4 están no concello de Pontevedra e esta mañá foron recibidos polo alcalde da cidade. A piscina e a praia e o que máis lles gusta da nosa terra, algo do que poderán desfrutar ata o 7 de setembro, nesa xornada toca regreso aos campamentos de refuxiados do Sáhara.
Pontevedra> O vicepresidente da Xunta de Galicia e o conselleiro de Política Social visitaron nesta xornada un dos pisos do tutelados que subvenciona a Xunta. Trátase do programa Mentor que ten como obxectivo axudar a mozos, de entre 16 a 21 anos, que están en risco de exclusión social.
Pontevedra> 20 establecementos conforman esta Tenda en Pontevedra. Un espazo onde terán a oportunidade de realizar vendas, ou de simplemente darse a coñecer. Para os artesáns, artistas e comerciantes que forman parte desta iniciativa é un luxo poder lucis neste punto da cidade os seus produtos.
Pontevedra> O concello de Pontevedra presentou esta mañá a remodelación da Rúa Cruz Vermella. Uns traballos que contarán cun investimento de un millón 400 mil euros e 10 meses de prazo de execución. Unha reforma que prevé a creación dunha praza entre Álvaro Cunqueiro e Padre Gaite.
Pontevedra> A presidenta da Deputación presentou esta mañá os avances levados a cabo no Plan Estratéxico de Turismo para os anos 2017-2020. Un plan que aposta pola internacionalización do sector e que estará finalizado en decembro deste ano.
Pontevedra> 2426 barcos chegaron a Galicia no primeiro semestre deste ano. Un dato que esta mañá deu a coñecer o presidente de Portos de Galicia . A nosa comunidade tivo un aumento do 20 por cento en xeral e do 11.3 por cento nas Rías Baixas en canto ao número de tránsitos. Durán destacou o notable incremento en portos como o de Pedras Negras no Grove, o de Sanxenxo e o de Portonovo.
Pontevedra> Palabrería, desinformación, mentiras, non ter proxecto e contar cunha administración paralizada. Así resumiron dende o PP provincial os dous anos de Goberno do PSOE e BNG na Deputación. Nun acto organizado nos xardíns de Vicenti onde estiveron presentes alcaldes do PP e membros do tecido asociativo da provincia.
Pontevedra> Pleno ordinario do concello de Pontevedra con presenza de membros da Plataforma o rural existe no Teatro Principal. Os veciños demandan que sexan escoitados, o Goberno Local di que realiza un gran investimento nestes espazos de Pontevedra e a oposición criticou duramente a acción do Goberno nesta e noutras materias tildandoo de estar nun continua parálise administrativa.
Páxina 1 de 227
HomeCorporativoSilvana Moril Top of Page

Síguenos en facebook