• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS

DEPORTES (2467)

O mellor waterpolo galego darase cita esta fin de semana en Pontevedra
Pontevedra> O sábado 24 de xuño, as piscinas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, acollerá o campionato Galego Cadete Mixto de waterpolo. Unha cita que disputarán o Pontevedra, o Santiago, o Coruña e o Marina de Ferrol. O gañador desta competición irá directo ao Campionato Nacional.
Máis de medio milleiro de ciclistas estrearán a '4 Picos Road'
PONTEVEDRA> Pontevedra segue a ser o berce de numerosas probas deportivas. Este domingo nacerá na cidade a 4 Picos Road Clásica Evaristo Portela. Unha marcha cicloturista que busca que os participantes gocen do entorno sen competir. O percorrido completo chegará aos 138 quilómetros e xa hai máis de 500 inscritos. A 4 Picos Road Clásica…
Máis de 150 deportistas corren na II Clásica do Albariño 10k Viña Almirante
PORTAS> Portas converteuse onte nunha pista de atletismo. O concello acolleu a segunda clásica do albariño 10K Viña Almirante. Cita organizada pola adega e que este ano congregou a máis de 150 corredores nas categorías absolutas. Dez quilómetros entre os viñedos e a paisaxe de Portas, formaron o trazado do percorrido da segunda clásica do…
Pontevedra acollerá cinco Campionatos Mundiais de tríatlon no 2019
PONTEVEDRA> O 2019 será o ano do deporte de primeiro nivel en Pontevedra. A capital acollerá ata cinco campionatos do mundo de diferentes disciplinas. Aos xa anunciados triatlón de longa distancia, triatlón cross, duatlón e aquatlón, súmase o ‘aquabike’. Unha programación de luxo para o ITU Multisport Festival de triatlón que se celebrará en dous…
Preto de 750 deportistas competirán na nova cita co tríatlon
> O tríatlon volverá invadir Pontevedra. Esta fin de semana a cidade acollerá o Campionato de España por Clubes, no que participarán ata 750 deportistas nas diferentes categorías. Un ano máis, Pontevedra non falta á súa cita anual con este deporte. Esta fin de semana Pontevedra volverá deixarse invadir polo triatlón de máis alto nivel.…
Máis de 200 atletas nadarán, pedalearán e correrán no II SRR Triatlón
SANXENXO> Sanxenxo acollerá esta fin de semana o Triatlón 113 swim, ride and run. A segunda edición desta proba celebrarase o domingo 21 de maio, e atraerá ata a vila algúns dos mellores triatletas do escenario actual. O Triatlón 113 swim, run and ride será o protagonista do domingo en Sanxenxo. Máis de 200 atletas…
O concello recibe a un Teucro que xa é da Liga Asobal
Pontevedra> A corporación municipal recibíu hoxe ao Teucro na Casa das Campás. Un encontro que tivo lugar tralo ascenso a Liga Asobal deste club pontevedrés. Dende o concello dixeron que era unha honra ter un equipo de balonmán en primeira liña a nivel nacional. E dende o club aproveitaron a ocasión para pedir a máxima…
Todo listo para a Titan Desert
Pontevedra>7 ciclistas pontevedreses partirán este venres rumbo á Titan Desert. Un maratón de mais de 600 quilómetros que se realiza no deserto de Marrocos. O obxectivo deste equipo de Ponte un Reto é o de finalizar a carreira. Unha iniciativa que,como sempre, conta co seu lado máis solidario, nesta ocasión a axuda será para Amencer-Aspace.
Poio móvese polo deporte cun investimento de máis de 200 mil euros
Pontevedra> Poio móvese polo Deporte cun investimento de máis 220 mil euros para este 2017. A concelleira desta área presentou esta mañá a programación deportiva ata o mes de outubro nas diferentes parroquias do concello. Marga Caldas destacou a especial atención que nestas contas se lle presta ao deporte base.
O Open de BTT chega este sábado a Poio
Pontevedra> O sábado 8 de abril o concello de Poio acollerá o IX Open Galicia de BTT. Unha cita puntuable no Open e na que participarán os mellores especialistas galegos desta disciplina. Dende a organización conta con preto de 150 ciclistas nas categorías de cadete, junior, sub-23 e master masculina e feminina.
O alumnos do Valle Inclán metéronse na pel dun invidente a través do goalball
Pontevedra> Os alumnos do Instituto Valle Inclán practicaron nesta tarde un deporte diferente, o goalball. Trátase dunha disciplina creada para persoas cegas que consiste en seguir a traxectoria da pelota a través do sentido auditivo. Os estudantes deste centro, puideron practicar este deporte cunhas gafas opacas que non lles permitía ter visión.
18-19 de marzo Campionato Galego por equipos en Pontevedra
Pontevedra> O 18 e 19 de marzo as instalacións do Club de tenis de Pontevedra acollerán o Campionato Galego por equipos 2017. Unha cita na que participan 12 equipos da nosa comunidade e busca poñer en valor o esforzo colectivo e a importancia do traballo en equipo.
Páxina 1 de 103
HomeDEPORTES Top of Page

Síguenos en facebook