• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 611

O Campionato de España de Motonáutica celébrase en Sanxenxo

Xun 01 Escrito por 
SANXENXO> Sanxenxo albergará os días 11 e 12 de xuño o Campionato de España de Motos Acuáticas. No evento  reuniranse máis de 30 dos mellores pilotos nacionais das categorías GP1 e GP2 que competirán polas rías de Vigo e Pontevedra.
  Durante os días 11 e 12 de xuño, Sanxenxo será a sede nacional da motonáutica. A vila albergará o Campionato de España de Motos Acuáticas co apoio de concello, o Consello Superior de Deportes e as Federacións Galega e Española. Co alto custe que ten para os deportistas da costa do Levante, Murcia e Andalucía trasladarse ata o norte de España, a federación impuxo para a celebración deste campionato en Sanxenxo que os deportistas galegos tiveran unha importante participación, e así será, xa que dos máis de 30 pilotos que participarán na competición, unha quincena son galegos. O campionato celebrarase en dúas xornadas con un tramo de percorrido diferente por día. O sábado os pilotos sairán da praia de Silgar para ir ata Marina Davila en Vigo para regresar novamente a Silgar. O domingo sairán de Silgar cara Cabicastro, Picamillo, a ría de Aldán e Pontevedra, rodeando a Illa de Tambo pasando por Combarro para volver a Sanxenxo. O Xefe Provincial de Deportes valoraba o significado dunha proba coma esta para futuras xeracións de pilotos nun deporte minoritario coma este.
 
Etiquetado como Campionato    Náutico    Sanxenxo    Deportes   
Publicado en DEPORTES

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Presentada a XX Carreira Popular de Ribeira
    RIBEIRA> Entre as novidades da proba, que terá lugar o próximo sábado 30 de setembro, figura o seu cambio de percorrido. Varias serán as novidades este ano na carreira popular de Santa Uxía. Unha delas será o cambio de percorrido para evitar así que se produzan as problemáticas restricións de tráfico no casco urbano da cidade. A proba, que este ano chega a súa vinte edición, forma parte do Circuíto Provincial de Carreiras da Deputación da Coruña e do Circuíto de Carreiras Arousa Norte. Nela tomarán parte tódalas categorías, dende o máis pequenos ós veteranos, prevéndose unha participación próxima o milleiro de corredores. As inscricións poderán realizarse ata o xoves 28 de setembro a través da web municipal www.riveira.gal ou en www.emesports.es.
  • O Carlos I Silgar distinguido como de garantía en turismo deportivo
    SANXENXO> O hotel Carlos I de Silgar recibiu o distintivo Sporttoury de mans da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Unha distinción que o acredita como un establecemento con garantías en turismo deportivo.
  • Telmo Martín fai balance do verán en Sanxenxo
    SANXENXO> Despois de tres meses, e un verán que está a piques de rematar, Telmo Martín fai un balance positivo do verán na vila. O rexedor afirma que foron meses de pouco durmir e moito traballo para garantir un verán sen incidencias de ningún tipo.
  • Deputados provinciais solicitan a creación dunha Mesa Provincial de Turismo
    SANXENXO> Deputados provinciais do Partido Popular elixiron Sanxenxo para a anunciar aos medios a moción que presentaran de cara ao vindeiro pleno relacionada co turismo.
  • O Concello será o principal valedor do Boiro Voleibol
    BOIRO> O Club agarda poder repetir a exitosa campaña do ano pasado na que estivo a piques de acadar o ascenso á Superliga 1 Masculina. Despois de vivir o pasado ano unha das tempadas máis gloriosas da súa recente historia, quedándose a un só paso do ascenso á máxima categoría do voleibol nacional, o Boiro Voleibol dá xa por pechado o seu plantel de cara a presente tempada, na que volverá a militar na Superliga 2 Masculina. O equipo xa iniciou os adestramentos, coa continuidade da maioría do plantel do ano pasado, co que confían repetir ós exitos da campaña anterior. Aínda que saben que será complicado. O Club xa pechou a continuidade de dous dos xogadores Pablo Redondo e Kevin Medina. O primeiro un xoven valor da magnífica canteira boirense e o segundo un receptor canario que lle aporta un salto de calidade ó equipo O acto foi aproveitado para presentar ós que serán os novos ‘sponsors’ do Club. A firma local Rotogal e o propio Concello, que este ano volverá a facer un gran esforzo na axuda que lle presta ó equipo.
  • Uxío Abuín representará a España na final das Series Mundiais de Triatlón
    Uxío Abuín será un dos cinco atletas que integrarán o equipo masculino español que participará na Gran Final das Series Mundiais de Triatlón o próximo sábado 16 de setembro na cidade holandesa de Rotterdam. O dodrense acompañará no combinado nacional ós tamén galegos Javier Gómez Noya e Iván Raña. O equipo estará integrado tamén por Fernando Alarza e Mario Mola, este último un dos principais favoritos a levarse a vitoria na proba. A de Uxío será a súa estrea este ano nas Series Mundiais. A proba máis importante de tódalas que se disputan. A convocatoria ó de Lestrove chégalle despois dos bos resultados acadados nas Copas de Europa disputadas nas Palmas de Gran Canaria ou en Altafuya, ou o quinto posto logrado no Europeo de Kitzbühel.
HomeDEPORTESO Campionato de España de Motonáutica celébrase en Sanxenxo Top of Page

Síguenos en facebook