09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local

O Boiro consegue a súa primeira vitoria en Barraña

Out 03 Escrito por 
BOIRO> Os tres puntos ante o Somozas permítelle ós de Fredi Álvarez poder saír das prazas que condenan ó descenso directo.
Á cuarta foi a vencida, e o Club Deportivo Boiro conseguiu este pasado sábado ante o Somozas a súa primeira vitoria da tempada coma locatario, dous a un. O trunfo non estivo falto de emoción, pois os ferroláns estiveron a piques de conseguir a igualada na recta final do encontro. Os de Fredi Álvarez sen realizar un bo encontro, foron máis efectivos. A sorte que lle faltou noutros encontros anteriores, estivo agora de lado dos boirenses. O primeiro tanto, cando corría o minuto 23 de partido, foi obra de Pedro Beda. Que remachou na liña de gol un testarazo de Gonzalo a centro de Juampa. Non estivo falto de polémica, pois os ferroláns consideraron que o balón non traspasara a liña. Sendo moi protestado. Co resultado de un a cero chegaríase ó descanso. Xa na segunda metade ó pouco do inicio chegaba o segundo do Boiro. Nesta ocasión o seu autor foi Cano, tras un gran pase de Herbert. O dous a cero deixaba practicamente encarrilada a vitoria do Boiro. Pero non foi asi. Os ferroláns non se amilanaron. A base de bo xogo, empezaron a crear ocasións, que foron desbaratadas na súa maioría polo acerto do gardameta local Pato. Outra vez un dos heroes do partido. A dez do final Amaro, despois dunha gran xogada de Cristian, poñía o 2-1. a partir de ahí acoso á meta local aínda que o marcador xa non se movería. Os tres puntos dan folgos ós boirenses que abandonan postos de descenso directo. Agora son décimo sextos con sete puntos. Empatados co Coruxo. Rival ó que renderán visita o próximo domingo.Polo que respecta ó resto de resultados dos equipos galegos hai que destacar a vitoria do Pontevedra por un gol a cero o Racing de Ferrol no outro derbi galego, a do Celta B por catro goles a un ó Burgos e o empate a ceros do Coruxo ante o Izarra.
Etiquetado como Barbanza    Boiro    Fútbol    CD Boiro    2ªb    Barraña    somozas   
Publicado en DEPORTES

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Galicia disporá dun catro por cento máis de posibilidades de pesca no 2018
    GALICIA> As cotas pesqueiras para o 2018 permitirán á flota galega pescar un catro por cento máis. Así o destacou a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, quen representou ás comunidades autónomas no debate da comisión europea de Pesca.
  • A Pobra acollerá este sábado un espectáculo de homenaxe a Valle e a García Martí
    POBRA> A actividade, organizada pola Asociación Cultural Eiradela, mesturará teatro, música, canto e o baile tradicional . ‘Un mar de historias de Valle-Inclán a García Martí’. Este é o novo espectáculo que nos ofrece a asociación Cultural Eiradela, que será presentado ó público este próximo sábado ás oito da tarde no teatro Elma. A proposta xurde ademais para homenaxear a dous dos escritores máis ilustres. O espectáculo mesturará teatro, música, canto e o baile tradicional, así como fotografía, xa que se proxectarán imaxes antigas, moitas delas dos propios fondos do museo Valle-Inclán. O espectáculo dará comezo ás oito da noite. A entrada será de balde ata completar aforo.
  • O GALP Ría de Arousa promove a reciclaxe entre os máis pequenos
    RIBEIRA> O Barbanza volverá acoller este ano numerosas actividades de sensibilización medioambientel promovidas polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa. Os escolares serán os protagonistas destas xornadas que tratarán sobre a reciclaxe e a limpeza de praias.
  • Cinco colexios e unha asociación cultural colaboran no festival de Cáritas de Ribeira
  • Manuel ruíz recibe o broche dos bos e xenerosos
    RIBEIRA> A Asociación O Ferrado de Asados entregou o broche dos bos e xenerosos ó alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz. A entrega tivo lugar no acto de clausura da exposición ‘Primeira Década das Letras’ na biblioteca municipal.
  • A asociación Ondiñas Mainas reproduce Rianxo nun belén de ganchillo
    RIANXO> Este sábado inaugurábase en Rianxo o belén organizado pola asociación Ondiñas Mainas. Non se trata dun nacemento ó uso senón que está elaborado integramente con figuras de ganchillo e representa os personaxes e lugares máis senlleiros da vila.
HomeDEPORTESO Boiro consegue a súa primeira vitoria en Barraña Top of Page

Síguenos en facebook