• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS

Rianxo acolle o I Seminario de Deporte Base

Out 11 Escrito por 
RIANXO> Manuel Isorna, Víctor Arufe, Roberto Barcala ou José Luís García Soldán serán algún dos expertos que participarán nesta xornada que se desenvolverá no auditorio municipal.
O auditorio municipal de Rianxo acollerá mañá o primeiro Seminario Galego de Deporte Base organizado polo Club de Formación Cultural e Deporte de Rianxo, en colaboración co propio Concello, e financiado a través do Programa Iniciativa Xove da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Entre os obxectivos deste Seminario que por primeira vez se organiza en Rianxo figura ofrecer unha nova visión ó adestramento en categorías base dirixido a todo profesional do deporte, deportistas, pais de deportistas e público en xeral. Ó longo da xornada, na que xa hai inscritas unhas 120 persoas, levaranse a cabo diferentes charlas en campos tan diversos como o adestramento deportivo, a psicoloxía, a nutrición ou mesmo a pedagoxía no deporte base. No Seminario contarase coa participación de destacados poñentes, na maioría dos casos docentes e investigadores das Universidades de Vigo e da Coruña como é o caso de Víctor Arufe, José Luís García Soldán, Óscar García, Roberto Barcala ou Manuel Isorna, entre outros.
Publicado en DEPORTES

Artigos relacionados (por etiqueta)

HomeDEPORTESRianxo acolle o I Seminario de Deporte Base Top of Page

Síguenos en facebook