• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS

O Princesa de Asturias do Deporte volve a Pontevedra

Out 25 Escrito por 
Pontevedra> O recén galardoado co premio Princesa de Asturias ao deporte, Javier Gómez Noya, tivo hoxe unha homenaxe moi especial na cidade do Lérez. Foron os máis pequenos de Pontevedra os que tiveron a oportunidade de coñecer a historia deste gran triatleta. Nun acto organizado por Caser Seguros no Pazo de Cultura e onde os estudantes tamén puideron realizar as súas preguntas a Gómez Noya. 
  Emocionados e expectantes así estaban esta mañá estes pequenos da cidade de Pontevedra que tiveron a oportunidade de coñecer en persoa ao recén galardoado co Premio Princesa de Asturias Javier Gómez Noya. Nun acto organizado por Caser Seguros que forma parte da súa campaña Corazón de campeones e no que tamén estivo presente o alcalde de Pontevedra.  Gómez Noya quixo agradecer este tipo de acto onde dixo que se enfronta ao público máis difícil e ademais tamén dixo que non é doado chegar ao nivel ao que está el na actualidade que iso e froito de moita loita e de moito adestramento.  TOTAL NOYA Unha cita onde os pequenos puideron realizar as súas preguntas ao triatleta e tiveron esta oportunidade de exercer de xornalistas por un día. Sen dúbida para todos eles Gómez Noya é un exemplo a seguir, un triatleta que leva colleitando decenas de títulos na súa carreira e que pese aos obstáculos, que se puido atopar, como a súa baixa en Río 2016, sempre continúa loitando por acadar a mellor posición. 
 
Etiquetado como premio princesa de asturias    gomez noya    Pontevedra    Triatlon   
Publicado en DEPORTES

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A "revolución educativa" de Frato aterra en Pontevedra
    Pontevedra> Este venres, no Pazo da Cultura de Pontevedra, inaugurarase a exposición “Imaxinar a Educación. 50 anos con Frato”. Unhas mostra, de Francesco Tonucci, que poderán ver dende este venres e ata o 11 de xullo. Unha exposición que tenta facer unha reflexión sobre o mundo da Educación.
  • Francesco Tonucci aposta por unha "sociedade feliz" en todas as urbes da provincia
    Pontevedra> O psicopedagogo, Franceso Tonucci, está de visita na cidade. Esta mañá foi recibido pola presidenta e vicepresidente da Deputación. Ao longo desta semana Tonucci protagonizará distintas actividades en toda a provincia. O fin, divulgar o seu ideario sobre os espazos públicos nas diferentes cidades pontevedresas.
  • Comezan as reunión para a nova ordenanza de veladores
    Pontevedra> Primeira reunión en Pontevedra para comezar a redactar a nova normativa de veladores da cidade. Anabel Gulías dixo esta mañá que se trata dun primeiro contacto co sector da hostalaría. A concelleira insistiu en que non sabe nin cando nin como será finalmente esta nova ordenanza na que se verán influídos numerosos sectores da sociedade pontevedresa.
  • O Consello Regulador da D.O. Rías Baixas prepara as eleccións
    PONTEVEDRA> O consello regulador da denominación de orixe rías Baixas inicia os preparativos para as eleccións dos novos vocais do seu pleno. Os comicios celebraranse o domingo 9 de xullo, trala convocatoria publicada pola Consellería do Medio Rural no Diario Oficial de Galicia. Os censos exporanse a partires do 3 de maio nas oficinas agrarias comarcais, concellos, sé do consello regulador e servizos centrais e xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural, para que os interesados poidan presentar alegacións ata o 12 de maio. Dende o 2 de xuño exporanse os censos definitivos. Do 22 de maio ao 2 de xuño poderán presentarse candidaturas. Finalizados estes prazos, o 29 iniciarase a campaña electoral, que se prolongará ata o 7 de xullo. Tralas votacións do día 9, o 11 a xunta electoral proclamará os vocais electos e, a partires do 17 de xullo, a consellería de medio rural terá que convocar aos novos vocais electos para tomar posesión da súa acta e escoller por maioría ás persoas que vaian ocupar os cargos de presidente e vicepresidente. Nas eleccións, as segundas que se organizan dende este Consello Regulador, estarán implicadas 183 adegas e 5.500 viticultores.
  • O xerente de Espectáculos Lito garda silencio
    Ángel Martínez Pérez, máis coñecido como Lito, o Rei das verbenas en Galicia, acolleuse esta mañá ó seu dereito a non declarar. Preferiu asígardar silencio ante as acusacións de fraude fiscal da Fiscalía e a Avogacía do Estado, no xuízo celebrado esta mañá na Audiencia Provincial de Pontevedra. Enfróntase a 14 anos de cadea e máis de 53 millóns de euros de multas. Era o momento no que Ángel Martínez Pérez, responsable de Espectáculos Lito e propietario de múltiples orquestras como Panorama, se acollía o seu dereito a non declarar nun xuízo contra él e a súa empresa, por defraudar 9 millóns e medio de euros en dous anos. Era o comezo dunha sesión que se celebraba esta mañá na Audiencia provincial de Pontevedra, despois de que se suspendese ata en dúas ocasións. Os primeiros en declarar foron os peritos da Axencia Tributaria, que explicaron que tódolos datos que conduciron a este xuizo saíron da propia oficina da empresa en Caldas de Reis. Os inspectores de Facenda aseguraron que ó comezar a investigar, comprobaron que se trataba cun claro exemplo de economía sumerxida. Contaron cómo atoparon nas oficiñas de Lito material con anotacións da facturación de 26 millóns de euros correspondentes a 2011, dos cales só declarara dous, os que se facturaran en regra a concellos e televisións. Estes movementos realizábanse con máis de 70 orquestras e 6.500 actuacións en tan só un ano. O 90 por cento, en negro. Pola súa banda o abogado da defensa, centrouse en que a actividade do acusado era de mero representante e intermediario, que non producía nun vendía espectáculos, o que rebaixaría considerablemente os seus ingresos, e as súas obrigas tributarias. Pola sala foron pasando as distintas testemuñas citadas pola Defensa, entre elas, varios axentes de zona. Esta figura era a encargada de ofrecer ós concellos e comisión de festas de cada zona as actuacións para as súas verbenas, levando un dez por cento de comisión. A Fiscalía acusa a Lito e a súa empresa de defraudar 9 millóns e medio de euros entre 2011 e 2012 en Impostos de Sociedades, IVE, e IRPF. O magnate das orquestras galegas enfróntase a 14 anos de prisión e o pago de 53 millóns de euros.
  • Lores presenta unha "profunda" remodelación do Goberno Local
    Pontevedra> No ecuador da lexislatura, o alcalde de Pontevedra ven de presentar unha remodelación do Goberno Local. Un cambio onde non mudan as caras dos concelleiros pero sí as áreas que levarán a partir de mañá venres. Anabel Gulías, Alberto Oubiña e Demetrio Gómez saen reforzados con este cambio, que Lores cualifica de moi positivo.
HomeDEPORTESO Princesa de Asturias do Deporte volve a Pontevedra Top of Page

Síguenos en facebook