• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS

21 quilómetros para construír un invernadoiro para Arousa Solidaria

Nov 10 Escrito por 
VILAGARCÍA> En Vilagarcía, deporte e solidariedade volverán ir da man. Zona Aberta prepara a súa quinta media maratón, que se celebrará o vindeiro 20 de novembro. Os corredores completarán un percorrido de 21 quilómetros e coa súa inscrición estarán axudando á asociación Arousa Solidaria.
  Para os que non se atrevan con este percorrido, a organización ofrece a alternativa dunha andaina. Na edición do ano pasado participaron máis de 600 persoas. Este ano a organización agarda superar esta inscrición. E é que o obxectivo é axudar a Arousa Solidaria a construír un invernadoiro. Ata o 13 de novembro o custo da inscrición é de 12 ou 13 euros, dependendo de se o participante ten chip propio. Do 14 ao 17, a tarifa será de 16 ou 17. Os que o desexen poden inscribirse na plataforma Champion Chip Norte ou no comercio Moto Bazar de Vilagarcía.
 
Etiquetado como Salnés    Vilagarcía    Zona Aberta    arousa solidaria    media maraton   
Publicado en DEPORTES

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O PP desaproba 'con rotundidade' a retirada da estatua de Fraga
    CAMBADOS> Tres días despois da retirada da estatua de Manuel Fraga dos xardíns de Torrado, a decisión do goberno cambadés continúa a colear. Como era de agardar, a medida non gustou ao Partido Popular. Dende a formación defenderon a figura do expresidente da Xunta, destacando o seu apoio ao sector vitivinícola. Hai tres días que a estatua de Manuel Fraga non ocupa o lugar dos xardíns de Torrado no que fora instalada no 2012. Como era de agardar, a decisión do goberno de Cambados non gustou ao Partido Popular da vila. Para os populares, a intención dos viticultores non era destacar a faceta política de Manuel Fraga, senon o seu papel como defensor do sector vitivinícola da zona. Por iso, aseguran que botar man da Lei da Memoria Histórica para xustificar a retirada da escultura é un "sen sentido". Dende a formación aseguran que están a recoller o malestar de moitos veciños de Cambados e, segundo explicou Luis Aragunde, van estudar as posibles medidas a tomar.
  • Medio milleiro de sinaturas para mellorar o Parque da Coca
    VILAGARCÍA> Os veciños da Coca, en Vilagarcía, esixen melloras para o parque. A plataforma conseguiu recoller preto de 500 sinaturas contra o composteiro que o concello pretende instalar nesa zona. Unha oportunidade que aproveitaron para denunciar o abandono do entorno. Con case medio milleiro de sinaturas, os veciños do Parque da Coca oficializaron a súa oposición ao composteiro que o concello quere instalar na zona. Non gusta a ubicación, pero tampouco lles convence a xestión do concello. Critican que o goberno local non falou cos veciños para escoller a ubicación dos composteiros. As sinaturas xa están no concello dende o pasado venres, cando as presentaron por rexistro. Ademais, os veciños aproveitaron a oportunidade para reclamar máis melloras no Parque da Coca; un entorno rico pero que ven abandonado pola administración local. A limpeza de maleza nalgunhas das parcelas do entorno e a restauración dos muíños para uso público como valor etnográfico da Vilagarcía rural, son outras das peticións que recolleron os veciños no documento presentado no concello. Peticións que, a día de hoxe, seguen sen resposta.
  • O Consello Regulador da D.O. Rías Baixas prepara as eleccións
    PONTEVEDRA> O consello regulador da denominación de orixe rías Baixas inicia os preparativos para as eleccións dos novos vocais do seu pleno. Os comicios celebraranse o domingo 9 de xullo, trala convocatoria publicada pola Consellería do Medio Rural no Diario Oficial de Galicia. Os censos exporanse a partires do 3 de maio nas oficinas agrarias comarcais, concellos, sé do consello regulador e servizos centrais e xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural, para que os interesados poidan presentar alegacións ata o 12 de maio. Dende o 2 de xuño exporanse os censos definitivos. Do 22 de maio ao 2 de xuño poderán presentarse candidaturas. Finalizados estes prazos, o 29 iniciarase a campaña electoral, que se prolongará ata o 7 de xullo. Tralas votacións do día 9, o 11 a xunta electoral proclamará os vocais electos e, a partires do 17 de xullo, a consellería de medio rural terá que convocar aos novos vocais electos para tomar posesión da súa acta e escoller por maioría ás persoas que vaian ocupar os cargos de presidente e vicepresidente. Nas eleccións, as segundas que se organizan dende este Consello Regulador, estarán implicadas 183 adegas e 5.500 viticultores.
  • Unha andaina solidaria para unir Vilanova co Sáhara
    VILANOVA> A asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui traballa a contrarreloxo para conseguir os fondos que lles permitan sufragar os billetes de avión para manter o seu programa "Vacacións en Paz". Con este obxectivo, o domingo preparan unha andaina solidaria que percorrerá diferentes puntos de Vilanova. Os veciños de O Salnés teñen este domingo unha cita coa solidaridade. A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui está a organizar unha andaina para recadar os fondos que lles permitan manter en marcha o seu programa "Vacacións en Paz". A saída será ás 10 da mañá da praza do concello, cun trazado de 13 quilómetros apto para todos os públicos. O ano pasado, conseguiron convocar ao redor de 300 persoas; cifra que agardan mellorar nesta edición. O custo da inscrición é de 5 euros e poderá formalizarse por adiantado ou o mesmo día da andaina. Os cartos destinaranse ao pago dos billetes de avión que hai que aboar antes do 30 deste mes. A parte da andaina, Sogaps prepara un festival que se celebrará no Pavillón de Vilanova o propio día 30.
  • Alfonso González, precandidato a presidir o PP vilagarcián
    VILAGARCÍA> Xa coñecemos o nome do primeiro precandidato a presidir o Partido Popular de Vilagarcía. Esta mañá, Alfonso González Gallego, responsable comercial da Autoridade Portuaria, daba un paso adiante para substituír a Tomás Fole. A falta de 72 horas para pechar o prazo, é a única precandidatura presentada. A 72 horas de que se peche o prazo para presentar as precandidaturas, o Partido Popular xa ten un posible substituto para Tomás Fole á fronte da formación en Vilagarcía. Esta mañá, Alfonso González decidíase a dar un paso adiante. González Gallego leva 15 anos como responsable do departamento comercial e de márketing da Autoridade Portuaria, e tan só 8 meses como militante do PP. Tras esta experiencia, o xa precandidato a presidir aos populares vilagarciáns aposta por traballar para unir á formación. Sobre a posibilidade de optar á alcaldía, asegurou que aínda é cedo para plantexalo.
  • Prohibido o cambio de sentido no cruce O Castro-Vilariño
    CAMBADOS> O concello de Cambados actúa para mellorar a seguridade viaria na avenida de Vilariño. En concreto, o goberno local vén de prohibir o cambio de sentido no cruce da rúa O Castro e o vial principal. Unha medida coa que buscan evitar os atascos en horas punta. O concello de Cambados vén de prohibir o cambio de sentido no cruce de O Castro con Vilariño. Dende hai uns días, os condutores que se incorporen á avenida e queiran dirixirse ao centro cambadés terán que dar a volta na rotonda. Segundo explicou José Ramón Abal, ese é un dos puntos negros da rede viaria cambadesa. Por iso, nas horas punta está previsto que axentes da policía local se despracen ata ese cruce para explicar os cambios aos condutores. Esta non é a única intervención na zona. Xa comezaron as obras para ampliar o cruce da PO-300 coa rúa Cruceiro; traballos que foron posibles grazas a un acordo coa propietaria do terreo, e que se realizan con cargo ao Plan Concellos 2016 da Deputación. As obras foron adxudicadas por 16 mil euros e teñen un prazo de execución de tres meses.
HomeDEPORTES21 quilómetros para construír un invernadoiro para Arousa Solidaria Top of Page

Síguenos en facebook