• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS

Vilagarcía, berce arousá do Jiu-Jitsu Brasileiro

Nov 18 Escrito por 
VILAGARCÍA> Vilagarcía será o escenario esta fin de semana dun importante evento de Jiu-Jitsu Brasileiro a nivel galego. Un seminario o sábado e o campionato de Galicia o domingo, completarán dous días dedicados a este deporte, nos que máis de 60 deportistas pasarán pola capital arousá. Pero que é o Jiu-Jitsu? Asistimos a un dos adestramentos do equipo Nucleo de Luttas.
  Arte marcial, deporte de combate e sistema de defensa persoal. Así se define o Jiu-Jitsu, unha disciplina que gaña máis adeptos en Vilagarcía. O responsable é o equipo arousán Nucleo de Luttas, que practica a modalidade brasileira. João Paulo Camugeré leva 7 anos en Vilagarcía, e é o Mestre responsable do auxe desta arte marcial, para a que non existe idade. Moitas veces non é doado para estes deportes competir con outros como o fútbol e o baloncesto, pero en Vilagarcía conseguiron facerse o seu propio oco. 45 persoas forman o equipo Nucleo de Luttas. Maiores e pequenos que ven como no Jiu-Jitsu a mente vence á forza. Esta fin de semana Vilagarcía volverá acoller un importante evento desta arte marcial. O sábado celebrarase un seminario impartido polo Mestre brasileiro Marcio de La Motta. O domingo, o ximnasio arousán será o escenario da final da Liga Galega de Brasilian Jiu-Jitsu. Ao redor de 70 deportistas participarán nesta cita. Un dato que dá unha idea do pulo que esta disciplina está a gañar en Galicia. Unha experiencia única que non entende de idades.
 
Etiquetado como Salnés    Vilagarcía    jiujitsu brasileiro   
Publicado en DEPORTES
Modificado por última vez no Mércores, 18 Xaneiro 2017 19:12

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Vanessa Rodríguez manterá a súa acta como edil de Sanxenxo
    SANXENXO> A concelleira de SAL, Vanessa Rodríguez, manterá a súa acta. Unha semana despois do anuncio da rotura do tripartito e do pacto que entrega a alcaldía ao popular Telmo Martín, a edil entende que a súa oposición ao acordo representa á maioría da formación independente. Unha postura que, asegura, respaldou onte a asemblea de afiliados. Con 23 votos en contra do pacto co PP, tres a favor e un en branco, a edil Vanessa Rodríguez considera refrendada a súa oposición ao acordo que entrega a alcaldía ao popular Telmo Martín. Á asemblea convocada onte pola xunta directiva de SAL acudiron o 40% dos militantes da formación. Tralo seu pronunciamento en contra do acordo, Rodríguez asegura que manterá a súa acta, aínda que cesará nas súas funcións dentro do goberno e traballará na oposición. Ante a situación que se está a vivir en Sanxenxo, Vanessa Rodríguez recoñece que marchar sería a opción máis sinxela. Porén insistiu no seu compromiso cos veciños e con SAL, aínda que non ocultou a súa decepción coa postura dos seus compañeiros no goberno. A preguntas sobre o futuro de SAL, Rodríguez asegurou que é un traballo que non pode facer soa. Rodríguez tamén asegurou que non teme unha posible expulsión da formación. Así as cousas, de producirse, insistiu que aceptaría a decisión.
  • Pita: 'A convocatoria de onte é un secuestro das siglas de SAL'
    SANXENXO> Vanessa Rodríguez ve respaldada a súa postura contraria ao pacto co Partido Popular trala asemblea de onte. Porén, Gonzalo Pita, Jesús Sueiro e Daniel Fernández volveron poñer en dúbida a súa validez. Insisten en que non se convocou en tempo nin forma, e acusan á xunta directiva de secuestrar as siglas de SAL. Para Gonzalo Pita, Jesús Sueiro e Daniel Fernández, a asemblea de onte foi un secuestro das siglas de SAL. Insisten, ademais, en que a cita non foi convocada en tempo e forma. Tamén en que a decisión de asinar o pacto co Partido Popular foi tomada pola maioría dos edís de SAL na corporación, tal e como se fixo no momento de asinar o acordo que deu forma ao cuatripartito tralas eleccións do 2015. Sobre o futuro de Vanessa Rodríguez dentro do partido, ningún dos tres edís se pronunciou, e remitíronse a unha asemblea de SAL que se convocará proximamente. Pita, Sueiro e Fernández recoñeceron que se están a vivir momentos de tensión dentro da formación. De feito, esta mañá Sanxenxo amenceu con multitude de folletos acusándoos de transfuguismo. Segundo explicou Pita, este feito xa está denunciado na Garda Civil, e asegurou que non tolerarán insultos e ameazas. Sobre o futuro da corporación, o luns celebrarase o pleno no que Gonzalo Pita presentará a súa renuncia. Nese momento, Daniel Fernández asumirá as súas competencias como primeiro tenente de alcalde, e abrirase un prazo dun máximo de dez días para convocar o pleno no que Telmo Martín asumirá a alcaldía de Sanxenxo.
  • Pontón: 'Sanxenxo non debería ser centro do transfuguismo'
    SANXENXO> Esta mañá tamén se pronunciou o BNG sobre a situación que se está a vivir en Sanxenxo. A formación local viuse respaldada hoxe pola visita da súa voceira nacional. Para Ana Pontón, o acordo entre SAL e PP é un pelotazo á democracia. Ademais, os nacionalistas ven intereses urbanísticos detrás deste pacto. A voceira nacional do BNG respaldou hoxe en Sanxenxo aos seus compañeiros da formación a nivel local. Para Ana Pontón, o sucedido no municipio demostra o nerviosismo do Partido Popular de cara as vindeiras eleccións. Segundo o edil David Otero, non se coñecen os verdadeiros motivos que levaron aos tres edís de SAL a entregar a alcaldía a Telmo Martín. Para os nacionalistas, detrás do novo bipartito que dirixirá Sanxenxo hai intereses urbanísticos. O edificio ao que se referiu Otero é o coñecido como Valle Inclán, construído no Paseo de Silgar. Esta mañá, o edil de Urbanismo Daniel Fernández, informou que no mes de decembro a comunidade de propietarios do inmoble presentou un estudo de detalle no concello para a consolidación da fronte marítima. Solicitude que, asegurou, era coñecida polo voceiro do BNG. Pola súa banda, Pontón defendeu que o BNG continuará traballando para ofrecer unha alternativa aos veciños que seguen apostando polo cambio democrático.
  • Explosión de cor en Cambados con Lita Cabellut
    Continúa o percorrido da recoñecida artista Lita Cabellut polo Salnés con motivo da Semana Mundial da Educación Artística. Hoxe foi a quenda de Cambados, onde a pintora catalá compartiu con cativos da vila unha xornada d Tralo seu paso por Vilanova e Vilagarcía, a artista catalá recoñecida internacionalmente, Lita Cabellut, estivo esta mañá en Cambados. Pero por se aínda hai algún despistado que non a coñece… total E precisamente iso foi o que fixeron os alumnos dos colexios de Cambados que esta mañá participaron na Homenaxe que se está a facer no Salnés a Lita Cabellut. Este percorrido pola comarca está enmarcado na Semana Mundial da Educación Artística, e organizado polos catro concello que colaboran na iniciativa: Vilagarcía, Vilanova, a Illa e Cambados. Eles, ademais de divertirse, aprenderon a esencia da actividade, pero quen mellora ca artista para explicarnos esta explosión de cor que invadiu hoxe á mañá o Salón de Congresos José Peña. Un futuro aínda en branco, o destes rapaces que agarda ser pintado de cores, e unha experiencia que esta mesma tarde Lita Cabellut repetía tamén cos alumnos da Illa de Arousa, para para poñer así o punto e seguido a este proxecto educativo.
  • "Mesmas promesas, mesmos incumprimentos", así valora o PP de Poio a primeira metade de lexislatura
    Hoxe cúmprense dous anos das últimas eleccións autonómicas, e o Partido Popular de Poio quixo valorar esta primeira metade da lexislatura do goberno local, liderado polo BNG desde hai 22 anos. Para os populares nestes dous anos só houbo o mesmo que nas dúas décadas anteriores: mesma promesas, e mesmos incumprimentos. O mesmo que nos últimos 22 anos, iso é o que cre o Partido Popular de Poio que fixo o goberno local durante a primera metade da presente lexislatura. Ángel Moldes, voceiro dos populares de Poio, asegurou esta mañá nun almorzo informativo, que repasando un programa do ano 2007 do BNG, que goberna no concello desde hai 22 anos, atopamos as mesmas promesas incumpridas que existen hoxe en día. Moldes, quixo destacar algúns dos aspectos do concello que para os populares son máis urxentes e, segundo afirma, o goberno do nacionalista Luciano Sobral ten abadonados. Por exemplo, a depuradora. O voceiro popular lembrou que a Xunta comprometeuse a pagar a depuradora, pero é o concello o que debe buscar unha ubicación, para así evitar os peches de marisqueo que se están a padecer. Con respecto ó PXOM, asegura que ó haber por primeira vez unha dedicación exclusiva en urbanismo, cren que non debería ter desculpa o feito de non aprobalo este ano. E as outras dúas promesas incumpridas: as beirarrúas de Campelo e a PO 308. Ángel Moldes puxo en dúbida tamén a situación da coalición de goberno de BNG e PSOE. A xestión do Pazo de Besada, a transparencia, ou as axudas indirectas con algúns dos temas que tamén criticaron desde as filas populares, durante esta valoración da primeira metade da lexislatura do goberno loca, e aseguraron que o PP poiense seguirá a traballar polo veciños do municipio.
  • Lita Cabellut inicia a súa xira polo Salnés en Vilanova
    VILANOVA> A artista española e coñecida a nivel internacional Lita Cabellut "desembarcou" en O Salnés. Esta mañá estivo no albergue de As Sinas onde se presentou o proxecto que prepararon centros escolares e asociacións de catro concellos da comarca durante as últimas semanas con motivo da Semana pola Educación artística que impulsa a Unesco e que este ano teñen a artista catalá como homenaxeada.
HomeDEPORTESVilagarcía, berce arousá do Jiu-Jitsu Brasileiro Top of Page

Síguenos en facebook