• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS

Poio móvese polo deporte e vístese de longo na súa primeira Gala

Xan 23 Escrito por 
Pontevedra> O centro cultural Xaime Illa de Poio acolleu a primeira Noite Poio Móvese. Unha gala, centrada no deporte, onde se premiou o traballo realizado dende o servizo de Protección Civil do concello e as monitoras do club de ximnasia rítmica Saraiba. Unha cita onde non faltou o humor posto pola mestra de cerimonias, a actriz Isabel Risco, e onde a concelleira Marga Caldas quixo poñer en valor todo o traballo que dende o deporte realizan os clubs e asociacións do concello. 
  Na fin de semana o deporte estivo de actualidade coa I Gala Poio Móvese:o outro valor do deporte. Unha cita que tiña como fin potenciar e por en valor o traballo que nesta área realizan persoas, clubs e asociacións deportivas do concello.  Unha cita presentada pola actriz e humorista Isabel Risco e onde tamén estivo presente a deputada da área de deporte Chelo Besada.  Os premiados nesta primeira edición foron as monitoras do club de ximnasia rítmica Saraiba, con máis de 20 anos de historia no concello de Poio.  Un club que tamén tivo a oportunidade de reivindicar a necesidade que ten o concello de contar cun novo pavillón.  Dende protección civil tamén quixeron amosar o seu agradecemento e deixar claro unha vez máis que o seu é un traballo non remunerado que realizan para axudar aos demais.  O centro Cultural Xaime Illa da parroquia de Raxó foi o escenario desta gala especial onde o deporte, a cultura e a promoción foron da man usando como vehículo principal os eventos e deportistas do municipio. 
 
Etiquetado como Poio    poio movese    gala deporte    club saraiba    Protección Civil   
Publicado en DEPORTES

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O cara máis solidaria de Poio poderase ver no FestiSenda
    Pontevedra> O sábado 30 de setembro a Seca, no concello de Poio, acollerá o Festival solidario Festisenda. Unha cita que terá como fin recoller alimentos non perecederos para as familias que máis o necesitan do concello. Dende o Goberno Local agradeceron este tipo de iniciativas que darán axuda a 367 familias do municipio.
  • A Festa da Ameixa de Campelo cumpre 30 anos
    POIO> Campelo volve estar de festa esta fin de semana. A parroquia acolle a súa Festa da Ameixa, que este ano cumpre tres décadas de historia. A organización agarda superar os 560 quilos de ameixa vendida o ano pasado. Sempre presumindo, ademais, de produto da ría e mercado na lonxa de Campelo. A ameixa será o produto protagonista esta fin de semana en Campelo. A parroquia celebra a súa festa dedicada a exaltación deste molusco, que será o ingrediente estrela de todos os pratos que se vendan na carpa gastronómica da praza de A Granxa. Sempre a prezos populares. O ano pasado, vendéronse 560 quilos de ameixa. A organización agarda superar esta cifra, grazas en gran medida ás melloras que se incluíron, por exemplo, no dispositivo de tráfico que xa se puxo en marcha durante o Festival da Ameixa a fin de semana pasada: habilitar mil prazas de aparcadoiro e prohibir o paso dos vehículos no entorno da praza. Precisamente a calidade do produto que sirven é o seu principal reclamo. A ameixa é da ría de Pontevedra, mercada na lonxa de Campelo. Produto de proximidade 100%. A cita gastronómica será o sábado e o domingo, pero a festa xa arrinca o venres. Farao cunha homenaxe aos mariscadores recentemente xubilados, e coa inauguración dunha exposición fotográfica. Para conmemorar estes 30 anos de festa, o concello de Poio preparou camisetas especiais que se repartirán entre as 50 primeiras comandas que se merquen na carpa o sábado e o domingo. O sábado pola noite unha tirada de fogos de artificio dende o peirao de Campelo celebrarán estas tres décadas de historia.
  • Combarro réndese ós encantos do mar
    POIO>> Xa está rodando a dezasete edición do Festival do Mar que encherá de actividades a vila de Combarro ata este domingo. Gastronomía, música, exposicións ou teatro conforman o programa dunha Festa que busca ser declarada para o próximo ano, de Interese Turístico Galego. Polbo á feira, ameixas á mariñeira ou mexillóns ó vapor…son algúns dos principais protagonista da Festa do Mar de Combarro, que como non podía ser doutro xeito, traerá os mellores productos das nosas rías á carpa instalada no Peirao da Canteira ata o próximo domingo 27. Durante a primeira xornada, veciños e veciñas de Poio compartiron mesa con turistas nacionais e estranxeiros nunha das citas gastronómicas máis agardadas do mes de agosto. Pero non só de produtos do mar se alimenta esta Festa. A música é un dos ingredientes esenciais da cita. Esta noite tocarán Xavier Díaz e As Adufeiras, e a fin de semana a Armadiña contará con Heredeiros da Crus, Dakidarría, RuxeRuxe ou Def con Dos. David Civera foi o encargado de inaugurar os concertos onte á noite totales Ademais…teatro, folclores, exposicións, visitas guiadas, obradoiros…Un programa do máis completo cun nexo en común, que cómo non, é o mar, encherá de actividades a parroquia poiense de Combarro ata este domingo 27. Un refrescante plan para esta fin de semana.
  • A Festa do Mar, a polo selo de Interese Turístico na 17ª edición
    POIO> A Festa do Mar sopra xa dezasete velas. A cita volve un ano máis coa súa aposta, que mestura gastronomía, tradición e música para todos os públicos. Esta edición, ademais, o concello de Poio intentará obter o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia. A mellor gastronomía e os mellores produtos do mar volverán darse a man no concello de Poio. A Festa do Mar cumpre a súa décimo sétima edición cun obxectivo en mente: conseguir o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia. Esta edición celebrarase entre o mércores 23 e o domingo 27 de agosto. Durante estes días, Combarro será o centro de actividades, cun programa no que destaca o concerto de David Civera o día da inauguración na praza da Chousa. O 24 será a quenda do Festifolk, que o 25 dará paso a unha das citas máis agardadas, o Festival Armadiña Rock cos Herdeiros da Crus. O orzamento será semellante ao de anos anteriores: 200 mil euros. Este ano os stands gastronómicos saíron a concurso público, aínda que o concello resérvase dous que servirán ameixas e mexillóns da ría. Tamén se repetirá a concentración de embarcacións tradicionais, á que asistirán preto de 30 barcos.
  • A IX edición do Armadiña Rock xa quenta motores
    Pontevedra> Combarro xa está listo para acoller unha noiva edición, e xa van 9, do Armadiña Rock. Unha cita que se desenvolverá do 25 ao 27 de agosto e acollerá concertos da talla de Heredeiros da Crus, Ruxe Ruxe ou Def con Dos. Todos as citas serán de balde, incluída tamén a acampada na Reiboa.
  • Último intento para evitar a folga de lixo en Poio
    Pontevedra> Os empregados da empresa Valoriza, a encargada do servizo do lixo en Poio, comezarán unha folga indefinida de recollida de lixo a partir do 16 deste mes. Mañá terán a última oportunidade de chegar a un acordo coa empresa. O punto de encontro estará nun aumento do soldo entre un 4 e 5 por cento, o que suporía un total de 70 euros ao mes para cada un dos 16 traballadores.
HomeDEPORTESPoio móvese polo deporte e vístese de longo na súa primeira Gala Top of Page

Síguenos en facebook