• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS

Este domingo San Brais inaugura o circuíto de carreiras en Pontevedra

Xan 25 Escrito por 
Pontevedra> Este domingo comezará o circuíto de carreiras de Pontevedra coa Pedestre de San Brais. 6,5 quilómetros de percorrido que partirán do Carrefour e que percorrerán monte e outras zonas do barrio. Os adultos interesados en inscribirse neta primeira proba poderán facelo ata as 23:59 desta noite. 
Dende o concello xa teñen todo listo para dar comezo o Circuíto de Carreiras en Pontevedra. Serán un total de 19 en todo o ano. Un circuíto que se inaugurará este domingo 29 de xaneiro coa carreira pedestre de San Brais.  Unha carreira que organizan os veciños da zona.  O percorrido deste ano será igual ao do ano pasado, 6,5 quilómetros de percorrido para os adultos. Iso sí dende a organización xa adiantan que conta con tramos moi duros.  A proba dos pequenos será no propio Carrefour, na parte baixa do centro e os máis novos poderán inscribirse neste centro comercial o sábado e o propio domingo a primeira hora. Os adultos teñen como data tope esta noite ás 23:59. Dende a organización agardan chegar aos 500 participantes entre as dúas categorías. 
 
Etiquetado como carreira pedestre    san brais    Pontevedra   
Publicado en DEPORTES
Modificado por última vez no Mércores, 25 Xaneiro 2017 17:25

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • 140 millón de euros para un Gran Montecelo "de todos e para todos"
    Pontevedra> Presidente da Xunta de Galicia, conselleiro de Sanidade e xerente do CHOP presentaron esta tarde o plan funcional de Montecelo. O Gran Montecelo converterase nun espazo que ocupará 118 500 hectáreas e contará con numerosas melloras. Entre elas, as urxencias estará unificadas para todos os ámbitos neste centro, haberá UCI pediátrica, radioloxía, as consultas externas pasarán de 227 a 280, nas urxencias de 61 postos a 117 e no número de camas pasarán de 600 a 720 das que o 60 por cento será individuais. O fin deste centro hospitalario é reoganizar os servizos e os profesionais para crear un hospital de futuro. O presidente pola súa banda amosou o seu compromiso firme e aposta por este Gran Montecelo. Un proxecto ao que se destinarán soamente en construcción 140 millóns de euros. Con estes traballos Feijóo asegurou que ten un contrato asinado coa Boa Vila. O alcalde de Pontevedra pola súa banda fixo un balance positivo deste proxecto funcional do que se queda co compromiso da Xunta de converter nunha realidade este Gran Montecelo. Uns traballos que comezarán previsiblemente a comezos do 2019, con esta previsión o Gran Montecelo convertirase nunha realidade no 2021.
  • Ata o 6 de agosto poden desfrutar da artesanía de Chalana
    Pontevedra> O paseo de Odriozola, en Pontevedra, acolle ata o 6 de agosto a décima edición da Feira Atlántica da Artesanía e do Deseño, Chalana 2017. Unha feira onde poderán atopar traballos artesanais en madeira, prata, coiro ou la. Aínda lles quedan moitos días por diante para desfrutar desta cita onde poderán atopar produtos moi orixinais.
  • Teconoloxía e patrimonio para un Tek Fest de vangarda
    Pontevedra> Do 25 ao 30 de setembro Pontevedra volverá a acoller unha nova edición do TEK FEST. Un evento que este ano terá como temática central a tecnoloxía e o patrimonio. O obxectivo desta cita é situar a Pontevedra na vangarda tecnolóxica.
  • Centos de persoas realizan a súa ofrenda a San Bieito de Lérez "o máis milagreiro"
    Pontevedra> Pontevedra viviu o seu festivo local, o seu San Bieito, con moito ambiente e actividade na cidade. O mosteiro acolleu a centos de persoas que lle realizaron ao santo as súas peticións, e mercaron o aceite milagreiro para curar as verrugas. Ao mesmo, tempo a playa fluvial de Lérez acolleu a romaría na que se reparte máis de 1500 kilos de mexillóns e outros tantos de empanada, todo de balde.
  • Pontevedra postúlase como candidata para acoller o Europeo de Loitas Olímpicas
    Pontevedra> A Federación Internacional de Loita visitou esta mañá as instalacións de Pontevedra para acoller o Europeo Junio de 2019. A cidade do Lérez é candidata oficial e compite con outras dúas localidades de Moldavia e Polonia. En marzo do 2018 saberemos qué lugar acollerá esta cita deportiva.
  • Comeza a preparación da décima edición de Culturgal
    Pontevedra> Os días 1-2-3 de decembro o Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá a décima edición do Culturgal. Unha edición especial que chegará dúas novidades, a primeira: a presenza de Portugal neste evento, e a segunda: a creación dun espazo expositivo de arte contemporánea.
HomeDEPORTESEste domingo San Brais inaugura o circuíto de carreiras en Pontevedra Top of Page

Síguenos en facebook