09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local

O domingo Poio acollerá o XI Campionato de Dúatlon Cros

Feb 02 Escrito por 
Pontevedra> Este domingo 5 de febreiro Poio inaugura as súas citas deportivas co undécimo Duatlón Cros en Samieira. Un evento no que os seus 70 participantes deberán facer un total de 9 quilómetros correndo a pé e 19 e medio en bicicleta. Nesta edición a proba está ademais catalogada como Campionato Galego especialidade deportiva. 
  Este domingo Poio inaugura a súa axenda deportiva coa celebración da undécima edición do Duatrlón Cros. Unha proba moi importante que este ano se engloba dentro do Campionato Galego desta especialidade.  Unha cita organizada polo Club Ciclista Triatlón de Poio e onde os preto de 70 atletas que están inscritos deberán facer 6 quilómetros correndo a pé, 19,5 quilómetros en bicicleta para rematar o percorrido con outros 3 quilómetros de carreira final a pé.  Dende a Federación Galega de Triatlón tamén destacaron a importancia desta proba para o deporte galego.  Dende a organización dixeron que pese as inclemencias meteorolóxicas tentarán ter o terreo nas mellores condicións posibles. Unha proba que partirá ás 11:00 da mañá dende as inmediacións do campo de fútbol de Samieira. 
 
Etiquetado como Poio    samieira    Duatlón    competicion   
Publicado en DEPORTES

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • O Festival de Curtas Armadiña xa quenta motores
    Pontevedra> O concello de Poio xa está listo para acoller a décimo terceira edición do Festival de Curtas Armadiña 2017. Unha cita que arrincará o vindeiro luns 13 e que se desenvolverá ata o 19 deste mes. Dende a organización destacaron que se trata da edición máis completa e innovadora. Este ano, este festival, está incluído por primeira vez nas principais citas do audiovisual galego que potencian dende a Deputación.
  • Raxó celebrará o samaín coa súa Festa do Amor
    Pontevedra> O Club de Fútbol de Raxó organiza un magosto moi especial para o vindeiro 31 de outubro. Será unha cita que contará con DJ e a partir das 23:00 coa actuación da orquestra Panorama. Trátase dun evento que ten como fin agradecer ao pobo e aos hostaleiros desta zona o compromiso, que ano a ano, teñen con este club deportivo.
  • A asociación Mº del Carmen Pérez inicia a súa campaña solidaria
    Pontevedra> A Asociación María del Carmen Pérez, con sede en Poio, comeza xa a súa campaña solidaria co fin de recadar alimentos e roupa para as familias que máis o precisan. As cestas con produtos alimentarios se repartirán o 21 de decembro, a roupa todos os que a precisen, poden recollela no local desta entidade, situado en fronte de Casal de Ferreirós.
  • A Festa da Navalla chega a Poio esta fin de semana
    PONTEVEDRA> A Festa da Navalla volta un ano máis a Poio. Esta fin de semana terá lugar a V edición da exaltación de este manxar. Unha celebración para a que a Asociación Amigos da Navalla de Lourido ten preparados uns 800 kg de navallas.
  • O cara máis solidaria de Poio poderase ver no FestiSenda
    Pontevedra> O sábado 30 de setembro a Seca, no concello de Poio, acollerá o Festival solidario Festisenda. Unha cita que terá como fin recoller alimentos non perecederos para as familias que máis o necesitan do concello. Dende o Goberno Local agradeceron este tipo de iniciativas que darán axuda a 367 familias do municipio.
  • A Festa da Ameixa de Campelo cumpre 30 anos
    POIO> Campelo volve estar de festa esta fin de semana. A parroquia acolle a súa Festa da Ameixa, que este ano cumpre tres décadas de historia. A organización agarda superar os 560 quilos de ameixa vendida o ano pasado. Sempre presumindo, ademais, de produto da ría e mercado na lonxa de Campelo. A ameixa será o produto protagonista esta fin de semana en Campelo. A parroquia celebra a súa festa dedicada a exaltación deste molusco, que será o ingrediente estrela de todos os pratos que se vendan na carpa gastronómica da praza de A Granxa. Sempre a prezos populares. O ano pasado, vendéronse 560 quilos de ameixa. A organización agarda superar esta cifra, grazas en gran medida ás melloras que se incluíron, por exemplo, no dispositivo de tráfico que xa se puxo en marcha durante o Festival da Ameixa a fin de semana pasada: habilitar mil prazas de aparcadoiro e prohibir o paso dos vehículos no entorno da praza. Precisamente a calidade do produto que sirven é o seu principal reclamo. A ameixa é da ría de Pontevedra, mercada na lonxa de Campelo. Produto de proximidade 100%. A cita gastronómica será o sábado e o domingo, pero a festa xa arrinca o venres. Farao cunha homenaxe aos mariscadores recentemente xubilados, e coa inauguración dunha exposición fotográfica. Para conmemorar estes 30 anos de festa, o concello de Poio preparou camisetas especiais que se repartirán entre as 50 primeiras comandas que se merquen na carpa o sábado e o domingo. O sábado pola noite unha tirada de fogos de artificio dende o peirao de Campelo celebrarán estas tres décadas de historia.
HomeDEPORTESO domingo Poio acollerá o XI Campionato de Dúatlon Cros Top of Page

Síguenos en facebook