• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS

Pontevedra acollerá a 1º Xornada da Liga Galega de Fútbol Sala adaptado

Feb 08 Escrito por 
Pontevedra> O 15 de febreiro o pavillón da Xunqueira acollerá a primeira xornada da Liga Galega de Fútbol Sala Adaptado. Unha cita na que participarán 13 equipos de toda Galicia e que busca poñer en valor e dar visibilidade ao deporte adaptado.
Todo listo para que o pavillóns da Xunqueira acolla o vindeiro mércores 15 de febreiro en horario de 10:00 a 14:00 a primeira xornada da Liga Galega de Fútbol Sala Adapatado.  Unha cita moi importante que busca dar visibilidade e poñer en valor o deporte adaptado.  Esta Liga celebrarase en tres xornadas, a segunda será en maio e a terceira xa para rematar en outubro. Dende a Federación Galega do Deporte Adaptado anunciaron ademais que case con toda seguridade a Copa Federación e  Copa Galicia do deporte adaptado terán lugar en Pontevedra. E que este 2017 a cidade do lérez tamén será o escenario do campionato de Campo a través dentro do deporte adaptado. 
 
Etiquetado como deporte adaptado    Fútbol Sala    xornada do 15 de febreiro    a xunqueira    Pontevedra   
Publicado en DEPORTES

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A Festa do Mar, a polo selo de Interese Turístico na 17ª edición
    POIO> A Festa do Mar sopra xa dezasete velas. A cita volve un ano máis coa súa aposta, que mestura gastronomía, tradición e música para todos os públicos. Esta edición, ademais, o concello de Poio intentará obter o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia. A mellor gastronomía e os mellores produtos do mar volverán darse a man no concello de Poio. A Festa do Mar cumpre a súa décimo sétima edición cun obxectivo en mente: conseguir o distintivo de Festa de Interese Turístico de Galicia. Esta edición celebrarase entre o mércores 23 e o domingo 27 de agosto. Durante estes días, Combarro será o centro de actividades, cun programa no que destaca o concerto de David Civera o día da inauguración na praza da Chousa. O 24 será a quenda do Festifolk, que o 25 dará paso a unha das citas máis agardadas, o Festival Armadiña Rock cos Herdeiros da Crus. O orzamento será semellante ao de anos anteriores: 200 mil euros. Este ano os stands gastronómicos saíron a concurso público, aínda que o concello resérvase dous que servirán ameixas e mexillóns da ría. Tamén se repetirá a concentración de embarcacións tradicionais, á que asistirán preto de 30 barcos.
  • Pontevedra está de festa!!!
    Pontevedra> Na fin de semana tivo lugar o pistoletazo de saída das Festas da Peregrina en Pontevedra. A empresaria Conchi Pereiro foi a encargada de ler o pregón que deu pe a esta Semana Grande. Na súa intervención defendeu o modelo de cidade da Boa Vila, e tamén reivindicou o papel da muller na sociedade actual.
  • O Princesa de Asturias de Piragua rematará na Ponte do Burgo en Pontevedra
    SANXENXO> A 40ª edición do Trofeo Princesa de Asturias volve, o 15 de agosto, por segundo ano consecutivo a Portonovo, dende onde se organiza. Este ano os protagonistas serán Sanxenxo e Combarro (concello de Poio) dende onde saíran as diferentes categorías de xeito simultáneo, para rematar a proba na Ponte do Burgo en Pontevedra.
  • Do 12 ao 20 de agosto Meleira chega a Pontevedra
    Pontevedra> Do 12 ao 20 de agosto, coincidindo coa súa Semana Grande , Pontevedra acollerá a vixésimo sétima edición da Meleira, Feira do Mel. Unha cita que contará coa presenza de 6 apicultores, 1 filloeira, 1 posto de queixo e outro de cervexa artesán. Un evento onde haberá moitas charlas e obradoiros e onde a actualidade da vespa velutina estará moi presente.
  • O concello actuará en dúas novas rúas de Santa María
    PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra actuará en dúas novas rúas do entorno de Santa María. O goberno local xa traballa en varios puntos desta zona do casco histórico, pero hoxe anunciou que acometerá a reforma integral das rúas San Martiño e Eirado de Alvar Páez. A actuación contará cun investimento duns 150.000 euros. O concello de Pontevedra avanza na rehabilitación do entorno de Santa María, no caso histórico da cidade. Gulías visitou as obras que se están a realizar nas rúas Pratería Vella e Tristán Montenegro, financiadas con cargo ao ARI. Dende o concello están máis que satisfeitos cos resultados. Trala visita, a edil anunciou que está previsto rehabilitar dúas rúas máis do entorno de Santa María. Actuacións que contarán cun investimento total de 150.000 euros. Unha das novidades que se aplicou na reforma da rúa Praterías atópase no pavimento. Por primeira vez, o concello utilizou a pedra plana no centro e a chapacuña nos laterais, para evitar posibles problemas de accesibilidade. Non descartan aplicar esta fórmula noutras zonas.
  • Na primavera do 2018 comezarán os traballos da rolda leste e o novo acceso a Príncipe Felipe
    Pontevedra> Concello de Pontevedra e Deputación Provincial asinaron esta mañá dous convenios, un para o novo acceso a Príncipe Felipe e outro para a Ronda Leste. Trátase de dúas infraestruturas que terán un custe de 3,4 millóns de euros. O vicepresidente da Deputación anunciou hoxe que as obras estarán adxudicadas a final de ano e comezando os traballos na primavera do vindeiro 2018.
HomeDEPORTESPontevedra acollerá a 1º Xornada da Liga Galega de Fútbol Sala adaptado Top of Page

Síguenos en facebook