• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS

Deporte adaptado e moita alegría danse cita na Illa das Esculturas

Feb 22 Escrito por 
Pontevedra> A Illa das Esculturas en Pontevedra encheuse de actividade ao longo de toda a mañá. Preto de 200 deportistas participaron no campionato galego de campo a través adaptado. Unha iniciativa divertida e saudable, e onde os seus protagonistas tiñan moi claro que o importante é participar e desfrutar da xornada.
Moito deporte pero sobre todo moita alegría foi o ambiente que se respirou esta mañá na Illa das Esculturas. Preto de 200 deportista procedentes de 16 clubs de toda Galicia se deron cita neste Campionato Galego de campo a través adaptado. Unha actividade que contaba con 3 modalidades diferentes. O importante deste tipo de eventos é dar visibilidade ao deporte adaptado e tamén organizar unha xornada onde os centros de deporte adaptado de toda Galicia se reúnen por un mesmo fin. Os protagonistas desta cita estaban encantados con poder formar parte dun evento destas características. Todos tiñan claro que o importante é participar , amosaron esta mañá a súa paixón polo deporte, e en concreto, nesta xornada polo atletismo. Incluso máis de un dixo que ía a amosar o seu amor na proba deportiva desta mañá. Un día espléndido para estes centro en todos os sentidos, o sol luciu ao longo de toda a xornada e os sorrisos dos deportistas estiveron moi presentes. O agarimo e o deporte adaptado mesturáronse co fin de que estes mozos e mozas pasaran un día diferente e divertido. Un día de reencontros, de atletismo e de moita alegría.
Publicado en DEPORTES

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Duras críticas do PP ao Goberno Local pola falta de xestión no Servizo de Axuda ao Fogar
    Pontevedra> Este mércores, 18 de outubro, vence a prórroga do contrato asinado coa empresa Clece para o Servizo de Axuda no Fogar. Dende o PP denunciaron esta mañá este feito e dixeron que se trata dun exemplo máis de que o BNG non ten os deberes feitos en tempo e forma.
  • O PP presentará unha moción para revitalizar o mercado de Estribela
    Pontevedra> O PP de Pontevedra levará unha moción ao pleno co fin de recuperar a Praza de Abastos de Estribela. Dende as filas populares piden que en lugar de derrubar o mercado, se potencie a súa función. E pola súa banda dende o Goberno Local insisten que van a relizar o acordado e demandado polo consello parroquial, Demetrio Gómez dixo alto e claro que son os propios veciños os que queren un salón de actos neste espazo.
  • Dende a Deputación sinten unha "profunda desolación" polo que está acontecendo nos montes galegos
    Pontevedra> O gabinete de crise posto en marcha pola Deputación de Pontevedra, na madrugada do sábado. continúa activo. Esta mañá, a presidenta e vicepresidente desta administración, compareceron en rolda de prensa para dar conta da situación na que se atopa a provincia trala vaga de lumes que asola a nosa comunidade. Ambos mandatarios dixeron sentir unha profunda desolación polo que está sucedendo nos montes galegos.
  • O Goberno Local critica a "coordinación" da Xunta ante a vaga de lumes
    Pontevedra> Dende o Concello de Pontevedra criticaron esta mañá a falta de coordinación da Xunta ante a situación crítica que o lume deixou nesta provincia. Lores dixo que en ningún momento se solicitou axuda dos bombeiros de Pontevedra, e que foi o propio concello o que se puxo en contacto co concello de Vigo para enviar reforzos.
  • Xornada de arte inclusiva na Casa Azul
    Pontevedra> A concellería de Benestar Social centra este ano o programa Hefesto no mundo da arte a través de creadores locais. Co título de arte inclusivo, este proxecto ten como fin promocionar a inclusión social e a participación activa de persoas con discapacidade na dinámica cultural da cidade. Neste venres a xornada estivo centrada no estudo escultórico do voo dun paxaro en escaiola.
  • Marea moi atenta á ordenanza de renda social para apoiar as contas do 2018
    Pontevedra> Esta mañá dende o grupo de Marea fixeron balance das emendas aos orzamentos municipais pactadas no seu momento, e que permitiron dar luz verde a estas contas no concello. Luis Rei recoñeceu que neste camiño hai moitas luces e algunha sombra, a principal, a renda social municipal.
HomeDEPORTESDeporte adaptado e moita alegría danse cita na Illa das Esculturas Top of Page

Síguenos en facebook