• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS

Máis de 200 atletas nadarán, pedalearán e correrán no II SRR Triatlón

Mai 16 Escrito por 
SANXENXO> Sanxenxo acollerá esta fin de semana o Triatlón 113 swim, ride and run. A segunda edición desta proba celebrarase o domingo 21 de maio, e atraerá ata a vila algúns dos mellores triatletas do escenario actual. O Triatlón 113 swim, run and ride será o protagonista do domingo en Sanxenxo. Máis de 200 atletas participarán nesta proba, que cumpre a súa segunda edición, cunha competición de media distancia. Este ano incorpora ademais unha novidade: o Triatlón Olímpico no Draft, puntuable para o campionato galego. No media distancia participarán Sonia Pariente, vixente campioa, e Ismael López. No Olímpico, atópanse nomes como Miqui Acosta ou Begoña Arranz. Atletas coñecidos que non queren perderse unha proba deste calibre. O sábado 20 pola tarde comezarase o check-in para as bicicletas e a recollida de dorsais. A proba propiamente dita arrincará o domingo ás 8 da mañá para os nadadores masculinos. As nadadoras sairán dez minutos despois.
Etiquetado como Salnés    Sanxenxo    Triatlon   
Publicado en DEPORTES

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • A Illa vai de ruta musical polos Cons
    A ILLA> Cultura nos Cons combina música e natureza na Illa de Arousa. Esta mañá presentouse esta iniciativa que se celebrará por segunda vez no concello insular, a próxima semana, coa presenza, entre outros, de Xurxo Souto ou Carlos Blanco. Este último, promotor do proxecto, estivo tamén presente esta mañá na presentación da cita. Así explicaba Carlos Blanco esta mañá o que son os Cons, que dan nome á iniciativa cultural que se celebrará por segunda vez na Illa de Arousa do 23 ó 25 de agosto. Cultura nos Cons, promovida tanto polo concello como pola Deputación de Pontevedra, busca levar a cultura a espazos singulares e poñer en valor o que aquí se fai. Tal e como destacou a concelleira de Cultura esta mañá na presentación do evento. O proxecto da mostra do patrimonio natura da Illa de Arousa. O mércores 23 ós oito da tarde Xurxo Souto irá de Rueda polos Cons, xunto coa Asociación Cultural A Dorna. O xoves 24 ás 21, Emilio Rúia e a BAnda da Escola Municipal ofrecerán un concerto no Portiño. E a o venres 25, terá lugar a cita máis especial para Carlos Blanco. A entrada é gratuíta para tódalas actividades desta Ruta polos Cons da Cultura.
  • Cambados celebra a súa primeira feira Medieval
    CAMBADOS> 40 postos de artesanía e as demostracións de cetrería son os principais reclamos do primeiro Mercado Medieval de Cambados, que se inaugurou esta mañá na praza de Fefiñáns. A feira, que se poderá visitar durante toda a fin de semana, está enmarcada dentro da programación da Cidade Europea do Viño. A praza de Fefiñans retrocede ata a época medieval durante esta fin de semana. Exhibicións de aves rapaces e cetrería, malabares e zancudos, corenta postos de artesanía ou espectáculos de lume. O concello de Cambados, en colaboración coa empresa Rapiñas do Salnés Cetrería, organiza o primeiro Mercado Medieval da vila, que se celebrará ó longo de toda a fin de semana. Mouchos, aguias, falcóns ou curuxas…as aves de cetrería se converteron nunha das maiores atraccións do mercado. Os membros da corporación non quixeron perderse esta mañá a primeira xornada desta cita, enmarcada nas actividades da Cidade Europea do Viño. As exhibicións en voo das aves rapaces poderán verse ó mediodía e a última hora da tarde. Para os que decidan pasar esta fin de semana por este regreso á Idade Media cambadesa, os organizadores animan ós asistentes a ir vestidos de época.
  • O Ministro de Xustiza condena os atentados de Cataluña dende Sanxenxo
    SANXENXO> Sanxenxo gardou esta mañá un minuto de silencio polo terrible atentado que onte acontecía en Barcelona, a este acto sumouse o Ministro de Xustiza, Rafael Catalá quen condenou o atentado e afirmou "que todos aqueles que queiran alterar o noso modelo de convivencia non o van a conseguir".
  • A Concentración de Motos de Sanxenxo terá lugar do 8 ao 10 de setembro
    SANXENXO> Este venres presentouse a XXXIII Edición da Concentración de Motos Internacional de Sanxenxo. Que se celebrará o segundo fin de semana de setembro, e que segundo sinalou o alcalde, reportará aos establecementos da vila máis de un millón de euros.
  • Vilagarcía móllase un ano máis por San Roque
    VILAGARCÍA> A Festa da Auga de Vilagarcía non defraudou. Un ano máis, milleiros de persoas amosaron a súa devoción por San Roque e, como non, pola Festa. As rúas cualificadas como zona húmida da vila ferveron durante toda a mañá de veciños e visitantes, que non quixeron perder unha das citas máis importantes do calendario festeiro nacional. O sol brilou en Vilagarcía, pero hoxe puido ser un dos días do ano nos que caeron máis litros de auga por metro cadrado. Milleiros de persoas saíron ás rúas da cidade para reclamar a súa particular chuvia. Hoxe a vila estivo completamente paralizada, pero para moitos a festa xa arrincou onte pola noite, aproveitando a véspera do día grande de San Roque. Xa no mediodía a comitiva chegou a San Roque e, trala intervención do pregoeiro, desatouse o verdadeiro chaparrón, coa auga caendo tanto dende os balcóns como do propio chan. Un ano máis a Festa da Auga demostrou que é unha das raíñas do verán arousán. Mentres uns estababan de festa, o servizo de Protección Civil de Vilagarcía traballou arreo para garantir a seguridade dos asistentes. O operativo especial comezou onte ás 10 da noite e prolongouse ata as 2 do mediodía de hoxe. Estivo composto por 20 operarios do servizo, dúas ambulancias e seis vehículos patrulla. En total, as ambulancias realizaron 40 intervencións, case todos na zona TIR e portuaria e principalmente a varóns de entre 20 e 30 anos. Destes servizos, destacan 5 intoxicacións etílicas de menores de idade, entre eles un de 14 anos, e unha agresión cun obxecto punzante. Tamén tiveron que intervir no momento de comezar a botar a auga despois de que un mozo perdera o coñecemento e convulsionara durante varios minutos. Tivo que ser atendido e foi trasladado ata o Hospital do Salnés. Ademais, foi necesaria a intervención de Protección Civil nun accidente de tráfico na suba para Cornazo.
  • A Illa exalta os tesouros gastronómicos da Ría de Arousa
    Continúa na Illa de Arousa a Festas Gastronómica dos produtos do Mar que se celebra desde o pasado venres e ata o próximo día 20. Esta mañá, coincidindo coa ponte festiva, a asistencia todo un éxito. Polbo, navallas, nécoras, camaróns ou mexillóns son só algúns dos tesouros gastronómicos que se puideron degustar. Un menú moi amplo… Un entorno envidiable. E Prezos asequibles… A Festa gastronómica dos Produtos do Mar, organizada polo Club Céltiga, está a celebrar a súa edición número catorce cunha gran afluencia. O do Cantiño, na Illa de Arousa, converteuse desde o pasado venres no comedor máis visitado da comarca. Milleiros de persoas achéganse aquí para degusta e algúns, descubrir, a calidade dos produtos do noso mar. Esta mañá, plena ponte festiva, o panorama non ía ser menos. A previsión dos organizadores, dos 30.000 visitantes en total, quédase curta . Os días festivos axudan, pero o verdadeiro motivo do éxito desta festa, son eles e elas. Os tesouros que acolle a nosa ría de Arousa. Quen estea salivando nestes momentos, está a tempo de degustar os produtos tamén mañá, día festivo achegándose ó paseo do Cantiño na Illa de Arousa. Ou senón, a festa volve abrir a próxima fin de semana, sábado e domingo, cando se poña o punto e final a esta cita gastronómica.
HomeDEPORTESMáis de 200 atletas nadarán, pedalearán e correrán no II SRR Triatlón Top of Page

Síguenos en facebook