Cabo de Cruz acada o terceiro posto na Bandeira de Traíñas Concello de Boiro

BOIRO> O Club de Remo de Cabo de Cruz acadou un máis que meritorio terceiro posto na vixésimo oitava edición da Bandeira de Traíñas Concello de Boiro. O triunfo foi para o líder da liga Eusko Label, Urdaibai, qyen un ano máis levou a bandeira para Bermeo. Vibrante regata a vivida este domingo en Cabo de Cuz onde se celebrou unha das últimas probas da Eusko Label Liga. O club local competiu na segunda tanda asinando un tempo de dezanove minutos vintecinco segundos que por momentos lle permitiu erixirse en líder  da regata. Finalmente, o bo papel dos líderes da calsificación xeral, Urdaibai e Hondarribia, deixou ós crucenses en terceira posición. O peirao de Cabo de Cruz converteuse o longo de toda a mañá nunha auténtica festa, ateigado de afeccionados que unha vez máis fixeron gala da súa implicación e apoio ós remeiros. A vindeira cita do calendario será en Bermeo, onde os boirense pelexarán por manterse nos primeiros postos da táboa xeral. Actualmente, sitúanse nunha cómoda sexta praza.