• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS
CAMBADOS> Videa Cambados 2017... o encontro de cinema e viño, que terá lugar os días 2, 9, 16, 17, 22 e 30 de xuño, e tamén o 7 de xullo, percorrerá adegas e espazos singulares para ofrecer unha experiencia para os sentidos a través do cine, a música, a gastronomía, a paisaxe, a plástica e todo mesturado con viño.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILANOVA> A artista española e coñecida a nivel internacional Lita Cabellut "desembarcou" en O Salnés. Esta mañá estivo no albergue de As Sinas onde se presentou o proxecto que prepararon centros escolares e asociacións de catro concellos da comarca durante as últimas semanas con motivo da Semana pola Educación artística que impulsa a Unesco e que este ano teñen a artista catalá como homenaxeada.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> Unha lección de integración cos ritmos da cantante Guadi Galego. Esta proposta foi a que defenderon esta mañá os rapaces do Colexio Enrique Barreiro Piñeiro, da parroquia cambadesa de Vilariño. Toda a escola representou con diferentes linguaxes o tema Chea de Vida da intérprete galega. Unha fermosa actuación cargada de significado. O que empezou así no colexio Enrique Barreiro Piñeiro. Culminou esta mañá do mellor xeito posible. Pequenos e profesores deron dende o seu patio unha lección de integración. Empregando diferentes linguaxes, interpretaron o tema Chea de Vida, da artista Guadi Galego. Un proxecto fermoso e ambicioso, que puideron pechar coa mellor guinda no pastel: a propia Guadi Galego decidiu poñer o seu gran de area e achegarse ata esta escola de Vilariño. Para os rapaces, a actividade foi un xeito de pasar un bo rato, pero tamén unha lección de vida. Traballando de primeira man con persoas xordas ou cegas, conseguiron poñerse na súa pel e comprobar que construír un mundo para todos é posible. A implicación dos nenos e dos profesores quedou clara esta mañá, e todos demostraron o aprendido ao ritmo da música e da voz en directo de Guadi Galego. Todo un luxo que, de seguro, non esquecerán.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILAGARCÍA> Prisión provisional comunicada e sen fianza para un dos detidos na operación antidroga que onte se despregou na comarca de O Salnés. Hoxe prestou declaración nos xulgados de Vilagarcía. Tamén o fixeron outros catro dos seis detidos, que o xuíz deixou en liberdade con comparecencias quincenais. No marco da operación realizáronse media ducia de rexistros en Cambados, Vilagarcía, Vilanova e Pontevedra, que se saldaron co achado de quilo e medio de cocaína e case 200 mil euros en efectivo.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> A caravana da Cidade Europea do Viño xa está lista para partir. Este stand móbil iniciará mañá o seu percorrido pola Península Ibérica. Unha viaxe de 20 días que levará o albariño e a Cambados a 11 cidades de España e Portugal. Vinte días; once cidades; e 2.000 quilómetros por toda a Península Ibérica. Este é o plan para o mes de maio da caravana que Cambados pon en marcha para promocionar a súa Cidade Europea do Viño. A caravana comezará mañá o seu periplo promocional, facendo a primeira parada nunha das cidades andaluzas. Oporto e Lisboa serán as vilas lusas que visite. A intención é instalar a caravana nas prazas máis céntricas para ofrecer dende aí degustación de albariño aos visitantes. Nun principio, a proba será gratuíta. Pero o traballo da caravana non rematará co mes de maio. A iniciativa terá un custo de 8.000 euros para as arcas municipais.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> Tres días despois da retirada da estatua de Manuel Fraga dos xardíns de Torrado, a decisión do goberno cambadés continúa a colear. Como era de agardar, a medida non gustou ao Partido Popular. Dende a formación defenderon a figura do expresidente da Xunta, destacando o seu apoio ao sector vitivinícola. Hai tres días que a estatua de Manuel Fraga non ocupa o lugar dos xardíns de Torrado no que fora instalada no 2012. Como era de agardar, a decisión do goberno de Cambados non gustou ao Partido Popular da vila. Para os populares, a intención dos viticultores non era destacar a faceta política de Manuel Fraga, senon o seu papel como defensor do sector vitivinícola da zona. Por iso, aseguran que botar man da Lei da Memoria Histórica para xustificar a retirada da escultura é un "sen sentido". Dende a formación aseguran que están a recoller o malestar de moitos veciños de Cambados e, segundo explicou Luis Aragunde, van estudar as posibles medidas a tomar.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> O concello de Cambados actúa para mellorar a seguridade viaria na avenida de Vilariño. En concreto, o goberno local vén de prohibir o cambio de sentido no cruce da rúa O Castro e o vial principal. Unha medida coa que buscan evitar os atascos en horas punta. O concello de Cambados vén de prohibir o cambio de sentido no cruce de O Castro con Vilariño. Dende hai uns días, os condutores que se incorporen á avenida e queiran dirixirse ao centro cambadés terán que dar a volta na rotonda. Segundo explicou José Ramón Abal, ese é un dos puntos negros da rede viaria cambadesa. Por iso, nas horas punta está previsto que axentes da policía local se despracen ata ese cruce para explicar os cambios aos condutores. Esta non é a única intervención na zona. Xa comezaron as obras para ampliar o cruce da PO-300 coa rúa Cruceiro; traballos que foron posibles grazas a un acordo coa propietaria do terreo, e que se realizan con cargo ao Plan Concellos 2016 da Deputación. As obras foron adxudicadas por 16 mil euros e teñen un prazo de execución de tres meses.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> A estatua de Manuel Fraga xa non está nos xardíns de Torrado en Cambados. O concello retirou a polémica escultura do expresidente galego que fora colocada no 2012 tralo seu falecemento. Segundo explicou o nacionalista Víctor Caamaño, a súa retirada responde a unha decisión política. Esta foi a imaxe do día en Cambados. Cara o mediodía, o goberno local retiraba a estatua de Manuel Fraga, instalada nos xardíns de Torrado hai cinco anos. Xa no 2012, a colocación da escultura estivo rodeada de polémica. O concello, gobernado polo PP de Luis Aragunde, quixo desvencellarse da súa instalación, e asegurou que a iniciativa partira dun grupo de viticultores. Segundo a versión oficial, coa estatua, realizada polo escultor Lucas Míguez, buscábase agradecer a implicación de Fraga co sector vitivinícola e a Festa do Albariño de Cambados. Agora a decisión de retirala foi iniciativa da concellería de Cultura, dirixida polo nacionalista Víctor Caamaño. O edil definiu a escultura como un recordo "negativo-franquista", postura que compartiron a alcaldesa Fátima Abal e os concelleiros de Somos Cambados. Retirada xa dos xardíns de Torrado, a escultura de Manuel Fraga trasladarase ao almacén do seu autor. No seu lugar non está prevista a instalación de ningún outro elemento; unicamente arranxarase a área do xardín que ocupou nos últimos cinco anos.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> O establecemento Kebab, situado na rúa Os Pios de Cambados, abriu durante toda a Semana Santa, eludindo a notificación de peche que lle fixo chegar o pasado día 12 o concello cambadés, en cumprimento dunha sentenza xudicial. Os veciños afectados, polos malos cheiros e os ruídos do local, continúan sen poder durmir polas noites. Hoxe acompañámolos a presentar un escrito de protesta no consistorio. Hai unhas semanas comprobabamos en primeira persoa, como este Kebab da rúa Os Pios de Cambados fai a vida imposible a vida destes veciños. Ruídos a altas horas da madrugada, e cheiros que entran por calquera burato dos seus fogares, debido a un problema na condución do aire. O pasado día 12 de abril, o concello de Cambados notificou ó xerente do local hostaleiro a orde de peche, mentres non se solucionan estes problemas. A orde cumpre unha sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo número 1 de Pontevedra. Tras continuar sufrindo durante toda a Semana Santa, e onte mesmo, esta mañá acompañamos ós veciños afectados a presentar un escrito no concello cambadés. Esta mañá puidemos falar tamén co concelleiro de economía e comercio, que asegura que o concello non pode facer máis que acatar as sentenzas xudiciais, pero non facerse responsable de que o encargado do local non cumpra coa lei. O concelleiro explicou ademais que os veciños presentaron dúas demandas diferentes, e que nunha delas aínda non hai resolución. Os veciños contestan que os dous procesos son independientes, e que coa sentenza na man do Número 1 o local ten que permanecer pechado. Consideran tamén que o concello debería terse asegurado de que o Kebab cumpre coa notificación de peche que lle fixeron chegar. Coa polémica sobre a mesa, e á espera da cómo evolucionen os feitos, os malos fumes continúan nesta rúa dos Pios cambadesa.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> Un colexio da contorna do Salnés está a realizar unha máis que interesante actividade para conmemorar os seu 35 aniversario. A comunidade educativa do colexio Enrique Barreiro Piñeiro de Vilariño, en Cambados, entregouse por completo para darlle o seu centro unha nova fachada polo seu aniversario. Esta mañá algúns alumnos do centro e o seu director nos explicaban un pouco máis sobre esta curiosa e interesante iniciativa.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> O concello de Cambados podería enfrontarse a unha sanción de 5.000 euros da Xunta de Galicia. O motivo: unha fochanca no firme da estrada da avenida de Vilagarcía. O goberno autonómico asegura que un problema na tubaxe municipal é a responsable. O executivo local, pola súa banda, critica o mal estado xeral deste vial de titularidade autonómica. O concello de Cambados vén de recibir unha proposta de inicio de expediente sancionador por parte da Xunta de Galicia polo afundimento do firme no punto quilométrico 9 da estrada PO-559, Cambados-Vilagarcía. O goberno autonómico responsabilízaos da fochanca que apareceu na zona. O goberno local xa solicitou un informe a Viaqua para averiguar se realmente a tubaxe é a responsable do problema, pero non ocultan a súa sorpresa por esta posible sanción. O executivo cambadés sinala que o firme leva anos deteriorado, e que a tubaxe non é unha obra recente. Incluso aseguran que xa interviron en varias ocasións con cargo ás contas municipais. Abal pediu ademais a colaboración de todas as administracións, recordando a importancia de manter en bo estado as infraestruturas tendo en conta o nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CAMBADOS> Cambados formará parte xunto con Ribadumia e Meis, do primeiro Plan de Igualdade de Oportunidades, que se organiza dende o Centro de Información a Muller da Mancomunidade de O Salnés.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Páxina 1 de 18
HomeDEPORTESMostrando artigos por etiqueta: Cambados Top of Page

Síguenos en facebook