• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS
BOIRO> A Xunta de Galicia colabora coa Federación Galega de Ciclismo no reparto de cortaventos reflectantes destinados a garantir a visibilidade dos deportistas nas estradas e a aumentar así a súa seguridade. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, realizou esta mañá en Boiro a entrega destas prendas.
RIANXO> A proba, organizada pola peña ciclisturista Castro Barbudo, terá lugar este próximo domingo a partir das nove da mañá e será puntuable para o Open Galego na especialidade de maratón. Os afeccionados ó ciclismo terán unha cita este próximo domingo en Rianxo coa disputa da décimo oitava edición da Subida ó Castro Barbudo de BTT. Todo un clásico neste tipo de probas na comarca do barbanza. Organizada pola peña ciclisturista Castro Barbudo a cita terá este ano un aliciente máis, ó estar incluída no Open galego na especialidade de maratón. Dende o Concello, que colabora na organización desta cita, valoraron moi positivamente a proba A saída está prevista para as nove da mañá dende a Praza de Campo de Pazos en Taragoña. Na carreira prevese a participación duns 150 corredores sumando tódalas categorías que deberán dar dúas voltas ó circuíto, no caso da especialidade de maratón, duns 31 quilómetros de percorrido.
PONTEVEDRA> Pontevedra segue a ser o berce de numerosas probas deportivas. Este domingo nacerá na cidade a 4 Picos Road Clásica Evaristo Portela. Unha marcha cicloturista que busca que os participantes gocen do entorno sen competir. O percorrido completo chegará aos 138 quilómetros e xa hai máis de 500 inscritos. A 4 Picos Road Clásica Evaristo Portela estréase este domingo en Pontevedra. Unha nova marcha cicloturista que nace para redondear a marca 4 picos. Nesta festa do ciclismo os participantes poderán escoller ata tres distancias diferentes. E é que a intención da organización é que sexa accesible para todos os públicos. Nesta primeira edición participarán 510 persoas, entre elas ciclistas de renome como Moisés Dueñas, Álvaro Pino ou Javier Guillén. Tamén estará o gañador do Tour de Francia Óscar Pereiro. A saída da proba darase de xeito neutralizado ás 9 da mañá do domingo dende a Avenida Montero Ríos.
Publicado en DEPORTES
CAMBADOS> A V Ruta do Albariño encherá as vilas de Cambados e Meaño de ciclistas. Esta competición terá lugar os vindeiros 17 e 18 de xuño.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Pontevedra> O sábado 8 de abril o concello de Poio acollerá o IX Open Galicia de BTT. Unha cita puntuable no Open e na que participarán os mellores especialistas galegos desta disciplina. Dende a organización conta con preto de 150 ciclistas nas categorías de cadete, junior, sub-23 e master masculina e feminina.
Publicado en PONTEVEDRA
POIO> Este domingo 8 de marzo o concello de Poio acollerá a I Pedalada solidaria contra contra o cancro infantil. Trátase dunha actividade organizada polo Bike Club e que ten como fin axudar a asociación de nenos oncolóxicos de Galicia. O evento tratará de completar 1300 quilómetros ao longo da mañá, un por cada neno que ten cancro a día de hoxe no noso país.
Publicado en PONTEVEDRA
BOIRO> Boiro acollerá este próximo sábado o Campionato Galego de Ciclismo de Fondo en Estrada para as categorías cadete e xuvenil. A proba está organizada polo Club Oziona Barbanza, en colaboración con diversas entidades, entre elas a Federación Galega de Ciclismo ou o propio Concello.
BOIRO> O Club Ciclista Oziona-Barbanza celebrou esta pasada fin de semana a presentación oficial de tódolos seus integrantes para esta tempada, na que a empresa Oziona volverá a ser o seu principal patrocinador. O acto que se desenvolveu na sede da Asociación Boirense de Empresarios, contou coa presenza da totalidade da xunta directiva e adestradores do club, así como tamén co edil de Deportes, Nolo Romero e representantes da Federación Galega de Ciclismo. A entidade que preside Ricardo Riveiro, contará para este ano con un total de cinco equipos: promesas, principantes, alevíns, infantís e cadetes. Entre os retos que se marca a directiva para esta tempada figura igualar os logros acadados na edición pasada, na que se lograron un total de 63 podios en distintas carreiras organizadas na nosa comunidade.
Publicado en DEPORTES
PONTEVEDRA> Este ano, a Volta ciclista a Galicia rematará en Pontevedra. A proba chegará á cidade o vindeiro domingo, converténdose en punto de encontro do mellor ciclismo amateur galego. Na súa décimo cuarta edición, a Volta arrancará en Lugo e serán 18 equipos os que pelexen pola vitoria.
Publicado en DEPORTES
BOIRO> Chega a Boiro a cuarta edición do Barbantia Roda que este ano convértese no Campionato Galego de Maratón. Catrocentos ciclistas participarán nesta proba que se compón de cen quilómetros pola serra do Barbanza. A dureza do itinerario pagará a pena pola beleza das vistas e paisaxes naturais ó seu paso.
Publicado en DEPORTES
VILAGARCÍA> Os nenos do colexio de Rubiáns recibiron esta mañá unha visita moi especial. O ciclista Gustavo César Veloso fixo parada no centro, encargándose dunha charla e propoñéndolles divertidos circuítos para que fixeran sobre a bicicleta. Un xeito divertido de afrontar os últimos días de clase.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
VILGARCÍA> A Marcha Cicloturista do Club Ciclista Lobeira cumpre este ano a súa edición número 20 cun poder de convocatoria que non perde pulo. A organización conta xa con preto de 200 inscritos para participar no percorrido de case 100 km, no que participan ciclistas de toda Galicia e de fóra das fronteiras da comunidade.
Publicado en DEPORTES
Páxina 1 de 2
HomeDEPORTESMostrando artigos por etiqueta: Ciclismo Top of Page

Síguenos en facebook