Combarro acolle o día 25 o Festival polos nenos do Terceiro Mundo

    festival_poio100.jpgPOIO> A Asociación Virxe da Renda organiza o sexto Festival Benéfico a favor dos nenos e nenas do Terceiro Mundo.

    {flowplayer}images/salnes/festival_3_mundo.flv{/flowplayer}

    POIO> A Asociación Virxe da Renda organiza por sexto ano consecutivo o Festival Benéfico a favor dos nenos e nenas do Terceiro Mundo.

    Terá lugar na Comunidade de Montes de Combarro o vindeiro domingo 25, a partir das seis da tarde. Estará presentado por Fidel Fernán e a entrada custa 4 € Un dos grandes atractivos da gala anual é o sorteo. Durante case todo o ano, a Asociación estivo en plans co Real Madrid para que o premio do sorteo fora unha das súas camisetas, asinada polos xogadores. Dez días antes do festival trocáronse as negociacións, segundo representantes do club, por ter moitas solicitudes. As rifas para esa fantástica camiseta do Teucro seguen a venderse na Cafetería Miami a 50 céntimos.

    Tamén se instalou unha fila cero no festival, para quen queira facer donativos. O importe íntegro recadado destinarase a Obras misionais Pontificias. Lembren: a cita é o domingo 25 na Comunidade de Montes de Combarro, ás seis da tarde. Unha oportunidade para facer ben, pasándoo ben.

    Redacción Salnés