Concellos bañados polo Ulla ofrecerán rutas conxuntas de sendeirismo

    RIANXO> Hoxe presentouse o novo programa ‘Goza do Ulla’ 2014.

    O río Ulla funciona como nexo desta iniciativa turístico-cultural levada a cabo entre 19 concellos. Durante as fins de semana realizarán diversos percorridos polos roteiros de cada unha das vilas co obxectivo de dar a coñecer os recunchos máis interesantes, a fauna e a botánica de cada punto. A realización desta actividade requiriu un importante traballo conxunto dos municipios participantes. O alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, resaltou a implicación de concelleiros e técnicos para facer realidade este proxecto. A actividade comezará a próximo 1 de xullo e concluirá o 26 de outubro. Os percorridos irán dos 9 ós 15 quilómetros e será unha oportunidade magnífica para que veciños e veciñas de tódolos concellos practiquen exercicio, se relacionen entre eles e coñezan máis dos territorios veciños cos que comparten augas. O alcalde de Silleda defendeu o papel que realizan os municipios pequenos para crear iniciativas que agraden a cidadanía. A ruta arqueolóxica do concello de Rianxo será o sábado 23 de agosto.