Deporte adaptado e moita alegría danse cita na Illa das Esculturas

Pontevedra> A Illa das Esculturas en Pontevedra encheuse de actividade ao longo de toda a mañá. Preto de 200 deportistas participaron no campionato galego de campo a través adaptado. Unha iniciativa divertida e saudable, e onde os seus protagonistas tiñan moi claro que o importante é participar e desfrutar da xornada. Moito deporte pero sobre todo moita alegría foi o ambiente que se respirou esta mañá na Illa das Esculturas. Preto de 200 deportista procedentes de 16 clubs de toda Galicia se deron cita neste Campionato Galego de campo a través adaptado. Unha actividade que contaba con 3 modalidades diferentes. O importante deste tipo de eventos é dar visibilidade ao deporte adaptado e tamén organizar unha xornada onde os centros de deporte adaptado de toda Galicia se reúnen por un mesmo fin. Os protagonistas desta cita estaban encantados con poder formar parte dun evento destas características. Todos tiñan claro que o importante é participar , amosaron esta mañá a súa paixón polo deporte, e en concreto, nesta xornada polo atletismo. Incluso máis de un dixo que ía a amosar o seu amor na proba deportiva desta mañá. Un día espléndido para estes centro en todos os sentidos, o sol luciu ao longo de toda a xornada e os sorrisos dos deportistas estiveron moi presentes. O agarimo e o deporte adaptado mesturáronse co fin de que estes mozos e mozas pasaran un día diferente e divertido. Un día de reencontros, de atletismo e de moita alegría. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/22/deporte_adaptado_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/22/deporte_adaptado.mp4{/flowplayer}