ENCE anuncia que ‘esgotará todas as vías xurídicas’ para defender a ‘legalidade’ da prórroga

PONTEVEDRA> A intención de ENCE non é conformarse coa sentenza da Audiencia Nacional. A pasteira emitiu esta tarde un comunicado asegurando que esgotará todas as vías xurídicas para defender a legalidade da prórroga da concesión en Lourizán. Afirman que levarán o fallo ante o Tribunal Supremo, e botan man dos estudos que se publicaron a fin de semana pasada da enxeñería Idom para defender que pola natureza da súa actividade teñen que manterse na ubicación actual en Lourizán.

Dende a pasteira reiteran a validez da prórroga da concesión da que, aseguran, dependen máis de 5.100 familias en Galicia de forma directa e indirecta. De feito, afirman que a sentenza da Audiencia Nacional supón un duro golpe para o emprego e a economía de toda Galicia.

Tamén insisten en que a planta de Lourizán cumpre sobradamente con toda a lexislación ambiental.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí