• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS
Pontevedra> O 15 de febreiro o pavillón da Xunqueira acollerá a primeira xornada da Liga Galega de Fútbol Sala Adaptado. Unha cita na que participarán 13 equipos de toda Galicia e que busca poñer en valor e dar visibilidade ao deporte adaptado.
Publicado en DEPORTES
NOIA> O pavillón municipal de Noia acollerá este venres as finais da Copa Deputación de Fútbol Sala. A feminina, entre o Amarelle e o Fisober, dará comezo ás sete da tarde. A partir das nove está prevista a final masculina na que o conxunto local de Noia pelexará polo triunfo contra O Parrulo de Ferrol.
Publicado en DEPORTES
Martes, 13 Xaneiro 2015 17:05

'Xuxa' nova fichaxe do Noia FS

NOIA> A xunta directiva do Noia Fútbol Sala vén de confirmar a fichaxe de Rubén Rodriguez Reigosa, máis coñecido coma Xuxa. O xogador lugués, de 26 anos e que ocupa o posto de ala-pivot, convertese así no segundo reforzo invernal dos noieses, despois da chegada de Marci. Segundo informaron dende o propio club noiés, trátase dun xogador con experiencia ó máis alto nivel despois do seu paso por Primera División co Azkar Lugo, chegando a disputar a UEFA Futsal Cup co Apoel, equipo do que procede, e co que se proclamou campión da Liga chipriota a pasada campaña. Con Marci e Xuxa os noieses aumentan considerablemente o seu potencial de cara ó inicio da segunda volta da liga na que tratarán de pelexar por reeditar o título acadado en 2013 para poder xogar así a fase de ascenso. Actualmente o Noia FS atópase na terceira praza da clasificación, a tan só tres puntos do líder, Valladolid.
Publicado en DEPORTES
NOIA> Mañá martes o Noia Fútbol Sala recibirá no pavillón municipal, ás nove da noite, ó Santiago Futsal de Primera División. O encontro, que se corresponderá cos dezaseisavos de final da Copa do Rei, é a partido único. O equipo santiagués, que ó igual que o resto de equipos de Primeira entra en competición nesta rolda, parte coma claro favorito. Aínda así o equipo local non lle poñerá as cousas fáciles e con ilusión e o apoio dos aleccionados agardará repetir a xesta histórica da tempada pasada na que alcanzaron os oitavos de final ó eliminar ó Marfil Santa Coloma de Primeira División. Para este encontro o técnico local, Moncho Vázquez, conta coa baixa segura de Romario e Marquitos será dúbida ata última hora. O resto do equipo adestra con normalidade tras o partido de liga disputado o pasado sábado. Debido a proximidade xeográfica entre ámbolos dous equipos agárdase unha gran afluencia de público.

POBRA> O polideportivo pobrense de Venecia acollerá, na tempada 2014-2015, a décimo quinta liga local de fútbol sala. Esta liga, organizada polo Club A Portela e a concellería de Deportes da Pobra do Caramiñal, vai dirixida á categoría Veteranos, que comprende aqueles nados no 1985 e anteriores. O sorteo de equipos realizarase o día 8 de outubro e ó día seguinte xa arranca a liga ca primeira xornada. Aqueles interesados en participar xa poden inscribirse.
Publicado en DEPORTES
HomeDEPORTESMostrando artigos por etiqueta: Fútbol Sala Top of Page

Síguenos en facebook