• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS
NOIA> A Directora Xeral de Comercio visitou a praza de abastos de Noia que se vén de sumar á campaña internacional ‘Quere o teu mercado’ que se celebrará ata finais de mes en máis trinta países. O obxectivo é potenciar o comercio de proximidade a través da posta en valor da súa profesionalidade.
NOIA> No ano 2015 quedou sobre a mesa a Relación de Postos de Traballo elaborada polo anterior goberno tripartito. O executivo volverá levalo a pleno a próxima semana co fin de mellorar o documento e regularizar a situación dos traballadores municipais.
A confraría de Noia traballa dende o mes pasado na limpeza dos bancos marisqueiros. Retiran unha media de catrocentos quilos diarios de depredadores para protexer a abundante cría nas súas concesións. Ante as boas perspectivas, a intención do pósito é adiantar a apertura da campaña a principios de setembro.
NOIA> Medio cento de establecementos comerciais e hostaleiros sumaranse á Pink Fashion Night que se celebrará este sábado en Noia. Ademais de descontos do vinte por cento en tódolos artigos, desenvolveranse actividades de animación durante toda a xornada.
NOIA> O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia obriga á Consellería do Mar a indemnizar á confraría de Noia polo episodio de toxina de principios da campaña de 2013. A sentenza non é firme e a Xunta xa presentou un recurso de casación por non compartir a resolución.
NOIA> Este xoves constituíuse oficialmente a Xunta Local de Seguridade de Noia. Representantes da Garda Civil e da Policía Local e Autonómica mantiveron unha xuntanza co alcalde e co subdelegado do goberno en Galicia para mellorar a coordinación entre os distintos corpos.
NOIA> Dous mil cincocentos escolares dunha vintena de centros educativos de toda a comarca do Barbanza asistiron á segunda exhibición solidaria da Garda Civil desenvolvida no porto de Testal en Noia.
NOIA> Os tres grupos da oposición: BNG, PSOE e Marea veñen de esixirlle ó equipo de goberno a convocatoria urxente da Comisión de Mar onde tratar este asunto.
NOIA> A competición, organizada polo Club de Lucha Noia, arrancará ás oito e media tarde e incluirá combates profesionais e amateurs en distintos pesos e categorías.
NOIA> Todo listo en Noia para o inicio das obras de rexeneración da zona portuaria. O presidente de Portos de Galicia visitará o peirao onde xa está instalada a maquinaria para executar a primeira fase do dragado.
NOIA> Este venres arrancarán as festas de San Marcos en Noia. A música será a principal compoñente do programa de actividades que celebrará o día grande o martes 25 coa tradicional feira cabalar.
Martes, 11 Abril 2017 18:50

Noia prepárase para o San Marcos

NOIA> O executivo noiés presentaba esta mañá a programación da feira cabalar.
Páxina 1 de 40
HomeDEPORTESMostrando artigos por etiqueta: Noia Top of Page

Síguenos en facebook