09d9te-f9a{h$?fow9pq(h/)5fh`8"e4w2fit;ryco2wo2n1fud=6"+n05uo.)vi$r2v7~<#;?k/c:6qe)>\
  • Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS  :: Información local
Pontevedra> Este mércores 2 de agosto Pasarón acollerá a cuadraxésima primeira edición do Trofeo Cidade de Pontevedra. Unha cita que comezará ás sete da tarde e que enfrontará ao equipo da cidade contra o Sporting de Xixón.
Publicado en PONTEVEDRA
Pontevedra> A Federación Galega de Fútbol inaugurou en Pontevedra a súa nova sede na cidade. As oficinas están situadas na rúa Luís Otero, preto do estadio de Pasarón. A partir de agora este espazo será a sede da Delegación de Pontevedra da Federación, da delegación territorial do Comité de Árbitros e da Mutualidade de futbolistas.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> O seleccionador da selección española de fútbol sub21 estivo hoxe no terreo de xogo de Pasarón para comprobar que todo está ben de cara ao partido que o seu equipo disputará contra Estonia o vindeiro 10 de outubro co fin de conseguir a clasificación do Europeo 2017. Un partido que se xogará as sete menos cuarto e que tal e como adiantou esta mañá Louzán os prezos das entradas serán populares.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> Este sábado Pontevedra e Real Valladolid disputarán en Pasarón o Trofeo Cidade de Pontevedra. Este encontro podería ser o único que o equipo granate xogue en casa, debido ás tarefas de mantemento do céspede que se están a realizar. Tamén será o segundo partido do conxunto de Luisito, despois de estrearse hoxe en Redondela ante o Choco.
Publicado en DEPORTES
PONTEVEDRA> O concello saca a licitación a urbanización do contorno do estadio de Pasarón dez anos despois de que o proxecto recibira o visto bo do pleno . Aínda que nun principio pensárase na creación dunha zona verde, o goberno local optou finalmente por crear un espazo que combine as zonas axardinadas cun aparcadoiro e cunha rampla para mellorar o acceso á zona de Tribuna do estadio. A obra sae a licitación por un prezo de case 242 mil euros.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> Pontevedra e Celta veranse as caras este mércores en Pasarón. Será no marco do Trofeo Luis Otero, un encontro ao que ambos conxuntos chegan en moi boa forma e que permitirá ver sobre o céspede pontevedrés algunha das estrelas destes equipos.
Publicado en DEPORTES
HomeDEPORTESMostrando artigos por etiqueta: Pasarón Top of Page

Síguenos en facebook