Poio acada unha taxa de criminalidade por debaixo da media provincial

    xunta_local_seguridadepoio_100.jpgPOIO > Pasaron xa dous anos dende que en Poio se celebrara a última Xunta Local de Seguridade, unha periodicidade demasiado longa que se vai acurtar …

    … trala sinatura do convenio coa Secretaria de Estado de Seguridade,que servirá de marco para a aprobación do Plan Conxunto de Seguridade entre concello e Subdelegación do Goberno. Un protocolo que permitirá concretar a coordinación, cooperación e complementariedade entre a Policía Local da vila coa Garda Civil.

    A análise da evolución da delincuencia en Poio nestes primeiros seis meses do ano, deixa unha taxa de criminalidade entre 6 e 7 puntos por debaixo da media provincial. Baixaron xa que logo o número de roubos e delitos contra o patrimonio, aínda que si aumentaron os das sustracións no interior dos vehículos. Tamén houbo menos denuncias por violencia de xénero, e diminuíron o número de actas por tenencia e consumo de estupefacientes na vía pública. Destas, case un 91 por cento rexistráronse no Vao. Un barrio, no que houbo iso si, unha menor entrada e saída de persoas alleas para a compra venta de droga, grazas a presión policial na zona.

    En canto á seguridade viaria, vaise a actualizar a distribución das competencias territoriais entre Garda Civil e Policía Local no concello, que tamén vai aumentar o número dos efectivos do corpo municipal, composto agora por 8 axentes. Serán 11 policías locais antes de que remate ese ano, e a previsión e a de seguir aumentando o persoal ata os 15 axentes.

    Redacción Salnés