• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS
PORTO DO SON> A quinta edición do PequeBasket chega a Porto do Son a vindeira fin de semana. Entre o tres e o catro de xuño, máis de cincocentos deportistas en idade escolar participarán neste evento deportivo que vai camiño de converterse nun clásico.
PORTO DO SON> Sete locais hostaleiros participan esta fin de semana no concurso de tapas ‘Son para Comelo’ que acada este ano a súa quinta edición.
PORTO DO SON> Unha veciña de Porto do Son denuncia que leva dous anos sen poder acceder co seu coche ó interior do garaxe por mor das obras realizadas na contorna da casa consistorial. A instalación dunha xardineira, un metro máis longa que a anterior, impídelle realizar a manobra de acceso.
PORTO DO SON> A corporación sonense celebrou esta mañá o pleno extraordinario para tratar as reunións de concelleiros delegados.
PORTO DO SON> As confrarías galegas traballan conxuntamente coa Consellería do Mar no deseño do plan do polbo para o presente ano. As federacións de Coruña e Pontevedra proponen unha veda de corenta e cinco días e a unificación dos topes en cincuenta quilos durante toda a campaña.
PORTO DO SON> Segundo os nacionalistas é un problema que se dá con bastante frecuencia no municipio, polo que instan ó equipo de goberno a dirixir maior investimento a mellorar o a rede municipal de saneamento.
PORTO DO SON> O peche da pescaría da xarda na provincia da Coruña trae de cabeza á flota de artes menores. Á espera do reconto que determine si xa se esgotou o cupo, as embarcacións vense obrigadas a devolver miles de quilos ó mar.
PORTO DO SON> Os tres grupos da oposición en Porto do Son solicitan a convocatoria dun pleno extraordinario para dar conta das reunións de concelleiros delegados. A pesar das reiteradas peticións de información, denuncian que non contan coas actas destas xuntanzas nas que os edís están a ser remunerados, supoñendo un custo de dez mil euros no que vai de lexislatura.
PORTO DO SON> O alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, reuniuse esta mañá coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, para abordar diversas actuacións de mellora na estrada AC-550 ó seu paso por este municipio. Na xuntanza acordouse iniciar os trámites para a execución dunha rotonda que mellorará a fluidez no tráfico e aumentará a seguridade de acceso ó porto, na que circulan vehículos pesados e que no verán rexistra atascos por mor da afluencia turística. No encontro tamén se abordou a posibilidade de executar varias sendas en puntos prioritarios desta estrada co obxectivo de permitir que os usuarios poidan facer desprazamentos cotiás andando ou en bici dun xeito seguro. O concello sonense deberá agora remitiralle á Xunta a identificación dos treitos obxecto da execución destas sendas para que a consellería de Infraestruturas poida encaixar as actuacións máis axeitadas ás necesidades da estrada e dos seus usuarios.
PORTO DO SON> As rías galegas tal como eran. Este é o lema que resume a campaña de promoción turística do destino Muros Noia. Dentro do plan estratéxico para dinamizar turísticamente esta ría destaca o deseño dunhas guías de servizos e actividades que xa están listas para os visitantes que se acheguen ata a zona esta Semana Santa.
PORTO DO SON> A capela da Atalaia acolleu a presentación dos actos da Semana Santa de Porto do Son. Ademais das citas habituais, o programa inclúe diversas novidades como un paso infantil ou a incorporación de mulleres costaleiras na procesión das Dores.
PSOE> A voceira do grupo socialista, Josefa Hermo, acusa ó executivo de pagar dez mil euros no que vai de lexislatura a dous edís do equipo de goberno.
Páxina 1 de 23
HomeDEPORTESMostrando artigos por etiqueta: Porto do Son Top of Page

Síguenos en facebook