• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS
PONTEVEDRA> A rotura do tripartito de Sanxenxo e a volta de Telmo Martín á alcaldía chegaron tamén á Deputación de Pontevedra. Esta mañá, Gonzalo Pita explicaba que a reforma da avenida Luís Rocafort fora o detonante desta crise; un proxecto que, recordemos, foi impulsado pola institución provincial. Hoxe a súa presidenta cualificaba o argumento de Pita de “broma de mal gusto”. Para a presidenta da Deputación de Pontevedra, que Gonzalo Pita sinale a obra da avenida Luís Rocafort como o detonante da crise e rotura do goberno tripartito en Sanxenxo, é unha broma de mal gusto. Carmela Silva non acepta que se responsabilice á Deputación de Pontevedra do cambio de goberno tralo acordo entre SAL e Partido Popular, e defendeu a actuación do executivo provincial. A dirixente socialista tamén tivo palabras para o popular Telmo Martín, que se convertirá en alcalde da vila sanxenxina. Sobre a revolución no concello de Sanxenxo tamén se pronunciou o secretario provincial do PSOE de Pontevedra. Para Santos Héctor o ocorrido é unha moción de censura encuberta, e sinala a Alfonso Rueda como responsable do que cualificou como política de vertedoiro. Para Santos Héctor o acordó entre Pita e Martín é un episodio vergoñoso máis na historia do PP.
Publicado en PONTEVEDRA
SANXENXO> Os representantes do BNG e do PSOE en Sanxenxo, ou os xa ex socios de Gonzalo Pita a fronte do concello, mostráronse sorprendidos da "boa sintonía" mostrada entre os integrantes da formación popular e Gonzalo Pita. David Otero e Coral González mantiveron esta mañá que a única deslealdade política que houbo foi a mostrada polo actual alcalde Gonzalo Pita, ao aceptar formar parte dun goberno xunto cos populares. David Otero e Coral González, ata hoxe socios de goberno de Gonzalo Pita, mostráronse sorprendidos coa decisión que tomou o alcalde saínte Gonzalo Pita, e admitiron que onte souberon polas redes sociais e pola da edil Vanesa Rodríguez, do que estaba acontecer. Para David Otero o que empezou sendo un rumor, rematou sendo unha realidade. Otero recoñeceu que a falta de lealdade reflíctese na forma de proceder de Gonzalo Pita Para os voceiros nacionalista e a socialista a situación de hoxe non ten que ver coa avenida Luis Rocafort, e admiten que non saben cal é o fondo da cuestión, pero ao seu entender non ten nada que ver, segundo as súas palabras, coa supresión de "vinte prazas de aparcamento".
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> Telmo Martín volverá a ser alcalde de Sanxenxo despois de que esta mañá firmase un acordo de goberno co partido que encabeza Gonzalo Pita, actual alcalde da vila. Un novo goberno bipartito, no que previsiblemente non participará a actual edil de Seguridade Cidadá, Vanesa Rodríguez. Telmo Martín volverá a primeira liña da política municipal de Sanxenxo ao suceder a Gonzalo Pita a fronte da alcaldía. Despois de que o líder do SAL anunciase que deixaba a alcaldía, o popular Telmo Martín recoñecía a súa honestidade e a valentía de Pita para asinar un pacto co PP de Sanxenxo, que garantise unha estabilidade para a vila. Martín sinalou que Pita non será tenente de alcalde, senón que será un "vicealcalde". Ambos partidos asinaron esta mañá un acordo de goberno no que se comprometeron a traballar en prol de diferentes proxectos moi importantes para a vila. Logo do rebumbio informativo na Casa do Concello... na rúa, como sempre, opinións para todos os gustos. Dado o momento político no que nos atopamos o acordo asinado entre as dúas formacións inclúe no punto 16 un pacto anticorrupción que sinala que a coalición romperá si nalgún momento algún concelleiro das súas agrupacións se lle abre xuízo oral por corrupción.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> Gonzalo Pita deixará de ser alcalde de Sanxenxo a finais de este mes. Así o anunciou o independente esta mañá, nunha multitudinaria rolda de prensa, na que sorprendeu sentado ao lado do líder da oposición na vila, Telmo Martín, quen asumirá a alcaldía da vila.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> Sanxenxo acollerá esta fin de semana o Triatlón 113 swim, ride and run. A segunda edición desta proba celebrarase o domingo 21 de maio, e atraerá ata a vila algúns dos mellores triatletas do escenario actual. O Triatlón 113 swim, run and ride será o protagonista do domingo en Sanxenxo. Máis de 200 atletas participarán nesta proba, que cumpre a súa segunda edición, cunha competición de media distancia. Este ano incorpora ademais unha novidade: o Triatlón Olímpico no Draft, puntuable para o campionato galego. No media distancia participarán Sonia Pariente, vixente campioa, e Ismael López. No Olímpico, atópanse nomes como Miqui Acosta ou Begoña Arranz. Atletas coñecidos que non queren perderse unha proba deste calibre. O sábado 20 pola tarde comezarase o check-in para as bicicletas e a recollida de dorsais. A proba propiamente dita arrincará o domingo ás 8 da mañá para os nadadores masculinos. As nadadoras sairán dez minutos despois.
Publicado en DEPORTES
SANXENXO> Sanxenxo lidera de novo o ránking nacional coas súas 11 bandeiras azuis. Uns recoñecementos que se elevan ata 17 se contamos os concedidos por primeira vez a 4 sendeiros, e os do porto de Sanxenxo e o Centro de Interpretación Ambiental As Telleiras.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> O concello de Sanxenxo, descontento coa xestión da Deputación de Pontevedra das obras da rúa Luis Rocafort. Esta mañá, o alcalde denunciaba que non recibira resposta á súa petición de facer 20 prazas de aparcadoiro en batería; unha solicitude que, ademais, trasladara a plataforma veciñal que se opoñía ao proxecto provincial. Gonzalo Pita insistiu en que el estará do lado dos veciños. Rompeuse a boa sintonía entre o concello de Sanxenxo e a Deputación de Pontevedra na reforma da avenida Luis Rocafort. Hai varias semanas, o alcalde trasladou ao organismo provincial a petición de facer 20 prazas de aparcadoiros en batería; solicitude que non tivo resposta. A proposta suporía a redución da beirarrúa de 6 a 4 metros no treito que transcorre entre o centro de saúde e o centro de Telefónica. Deste xeito, tamén se atendería á petición da plataforma veciñal que pedía máis aparcadoiros na zona, chegando ás 120 prazas. Tamén preocupa a dificultade que vehículos grandes, como autobuses, poden ter para entrar na rúa dende o paseo de Silgar. Por iso Pita pediu incorporar estes cambios, asegurou que o goberno local non vai consentir a paralización das obras, e recordou que as arcas municipais achegan o 30% do financiamento. Esta non é a única xestión da Deputación que non gusta ao goberno local. Tamén critican que case dous anos despois de facerse co executivo provincial, non haxa novas sobre o futuro da estrada de Dorrón. Por todo, o rexedor considera esgotada a vía diplomática. Pola súa banda, dende a Deputación de Pontevedra non quixeron facer declaracións.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> O polígono de Nantes continúa a dar que falar. A semana pasada era o Consellor Rector o que expresaba a súa intención de pedir unha indemnización, este xoves, Gonzalo Pita e o seu executivo comparecían para admitir que o polígono ten posibilidades de desenrolo polo que non cabe a posibilidade de pedir unha indemnización.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> O turismo disparouse durante esta Semana Santa conseguindo segundo sinalan fontes do sector cifras de ocupación históricas. A ocupación en Sanxenxo durante estas datas sinaladas achegouse a case o 90% da oferta.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> A deputada de En Marea no Congreso, Ángela Rodríguez, e o deputado no Parlamento, Marcos Cal, mantiveron este martes unha xuntanza coa Plataforma PO 308 para tratar os diferentes problemas de seguridade que ten esta vía, que vai dende Pontevedra ata o Grove.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Precisamente con motivos deste aumento da poboación durante estas festas, o concello de Sanxenxo reforza a seguridade no seu porto deportivo nas noites da Semana Santa. O obxectivo é evitar que se produzan altercados vencellados co ocio nocturno. Os vixiantes estarán no peirao durante as noites, entre xoves santo e o próximo domingo. A enorme afluencia de persoas que rexistra este equipamento público durante a Semana Santa obriga a aumentar a vixilancia para velar polo bo uso das instalacións, e así garantir a compatibilidade dun ocio de calidade coa actividade do porto. Nesta caso, os vixilantes de seguridade privados pasan dun reforzo de seis, que era o que se tiña o ano pasado por estas datas, a un total de dez efectivos. Éstes estarán do xoves ó domingo, desde as doce da noite ás oito da mañá. O alcalde explicou tamén que durante estes días, facilitarán a circulación na rúa Luis Rocafort, que se atopa en obras. onzalo Pita animou ós veciños e visitantes a disfrutan en Sanxenxo desde días e fixo un chamamento para que isto se faga sempre con respecto cara ós demais cidadáns.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Os alumnos do IES de Vilalonga, en Sanxenxo, asistiron a unha das clases máis importantes do curso, porque que lles poderá axudar a salvar vidas. Esta mañá acompañamos ós rapaces nunha xornada de reanimación cardio pulmonar. Reaccionar nunha situación de emerxencia e poder salvar a vida dunha persoa en parada cardiorrespirtatoria, é unha capacidade que todos deberiamos aprender. Por iso, alumnos de Bacharelato e da ESO do Instituto de Vilalonga, en Sanxenxo, recibiron esta mañá un Masstraining, o que vén sendo un adestramento de masas, por parte de profesionais dos servizos de urxencias. Organizada pola SEMES, Sociedade Española de Mediciña de Emerxencias, a sesión dividiuse en dúas partes, a teórica e a práctica. Nesta segunda fase foi cando se dividiron en grupos pequenos para experimentar unha situación real de auxilio. O traballo en equipo e manter a calma, é esencial en situacións de emerxencia. E clases coma ésta que interrompen momentaneamente as rutinas do instituto, son tan importantes para concienciar á mociedade de mensaxes coma ésta.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Páxina 1 de 14
HomeDEPORTESMostrando artigos por etiqueta: Sanxenxo Top of Page

Síguenos en facebook