• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS
SANXENXO> Sanxenxo acollerá esta fin de semana o Triatlón 113 swim, ride and run. A segunda edición desta proba celebrarase o domingo 21 de maio, e atraerá ata a vila algúns dos mellores triatletas do escenario actual. O Triatlón 113 swim, run and ride será o protagonista do domingo en Sanxenxo. Máis de 200 atletas participarán nesta proba, que cumpre a súa segunda edición, cunha competición de media distancia. Este ano incorpora ademais unha novidade: o Triatlón Olímpico no Draft, puntuable para o campionato galego. No media distancia participarán Sonia Pariente, vixente campioa, e Ismael López. No Olímpico, atópanse nomes como Miqui Acosta ou Begoña Arranz. Atletas coñecidos que non queren perderse unha proba deste calibre. O sábado 20 pola tarde comezarase o check-in para as bicicletas e a recollida de dorsais. A proba propiamente dita arrincará o domingo ás 8 da mañá para os nadadores masculinos. As nadadoras sairán dez minutos despois.
Publicado en DEPORTES
Venres, 05 Mai 2017 18:44

Triatlón solidario contra o cancro

BOIRO> Boiro acollerá en xuño o Primeiro Triatlón Solidario organizado pola empresa Ecosport en colaboración coa Fundación contra a leucemia Josep Carreras e a Asociación Española contra o cancro.
Pontevedra> O recén galardoado co premio Princesa de Asturias ao deporte, Javier Gómez Noya, tivo hoxe unha homenaxe moi especial na cidade do Lérez. Foron os máis pequenos de Pontevedra os que tiveron a oportunidade de coñecer a historia deste gran triatleta. Nun acto organizado por Caser Seguros no Pazo de Cultura e onde os estudantes tamén puideron realizar as súas preguntas a Gómez Noya. 
Publicado en DEPORTES
POIO> Este sábado Poio acollerá a sexta edición do seu Triatlón. A cita deportiva xa está consolidada no calendario galego, con preto de 250 deportistas xa inscritos.  O sexto Triatlón Concello de Poio celebrarase este sábado dende o porto de Campelo. A cita xa está consolidada no calendario galego deste deporte, e nesta edición contará coa participación de preto de 250 atletas. A xornada arrincará ás 3 e media da tarde coa categoría popular, que transcorrerá por un circuíto reducido. O resto celebraranse na distancia sprint, empezando ás 4 e media coa proba masculina sen conrte de tempo, ás 6 menos dez coa masculina con corte e ás 6 coa feminina. Os vencedores da proba gañarán unha praza para representar a Galicia no vindeiro campionato de España por autonomías.
 
Publicado en DEPORTES
PONTEVEDRA> Uns 2.000 atletas competirán na Copa do Rei e da Raiña e no Campionato de España de tríatlon por relevos que se celebrarán os vindeiros 21 e 22 de maio en Pontevedra. A cidade do Lérez convértese esa fin de semana na capital do tríatlon e espérase un bo nivel de competidores na categoría de elite tanto masculina como feminina.
Publicado en DEPORTES
Martes, 26 Abril 2016 19:22

Nada, roda, corre en Sanxenxo

SANXENXO> Sanxenxo quece motores para a 113 Swim Ride Run. O triatlón media distancia percorrerá a vila o vindeiro día 8 de maio, congregando a centos de atletas. Silgar, o paseo ata Portonovo ou a praia da Lanzada, son algúns dos enclaves que forman parte do trazado.
Publicado en DEPORTES
DODRO> O concello de Dodro, en colaboración cos municipios de Padrón e Rois, vén de poñer en marcha unha campaña de colaboración para axudar ó seu deportistas máis recoñecido que quedou sen o principal patrocinador.
Publicado en DEPORTES
Publicado en portada
PONTEVEDRA> Pontevedra xa ten outra cita marcada con vermello no calendario. No 2019, a cidade acollerá o evento deportivo máis importante da súa historia, segundo o propio alcalde: o Festival Multideportes da Federación Internacional de Triatlón, unha competición que se estrea no 2017 e que englobará nin máis nin menos que catro campionatos do mundo: o de duatlón, o de triatlón cross, o ade acuatlón e o triatlón de longa distancia. Probas que atraerán a máis de 4.000 deportistas.
Publicado en PONTEVEDRA
PONTEVEDRA> O domingo 23 de agosto o triatlón volverá copar as rúas pontevedresas. A cidade prepárase para acoller o Triatlón Cidade de Pontevedra que con quince edicións ás súas costas xa é unha das probas máis veteranas de toda Galicia. Como particularidade, a cita non está pensada unicamente para os deportistas federados; os afeccionados tamén terán a súa oportunidade no circuíto “YO SI TRI”.
Publicado en DEPORTES
PONTEVEDRA> Pontevedra volverá volcarse esta fin de semana co triatlón. A cidade acolle o campionatos nacionais de Tríatlon Sprint e Acuatlón, que contan con máis de 1.500 deportistas inscritos de todas as categorías. Entre os participantes, unha cara moi coñecida para os pontevedreses e os afeccionados ao deporte: Javier Gómez Noya.
Publicado en DEPORTES
RIBEIRA> Ribeira acollerá este domingo a única proba de triatlón galega que será clasificatoria para o campionato de España desta disciplina. Máis de trescentos deportistas participarán na carreira estándar e no circuíto para principiantes.
Publicado en DEPORTES
Páxina 1 de 2
HomeDEPORTESMostrando artigos por etiqueta: Triatlon Top of Page

Síguenos en facebook