Triatlón para todos en Pontevedra

O sábado volve o triatlón a Pontevedra. Faino con dous eventos. O máis profesional ou competitivo disputarase a partires das 17.00. Tras cinco probas clasificatorias, chegan á cidade do Lérez os cen mellores triatletas galegos tanto en categoría masculina como feminina, para disputarse o Campionato Autonómico. Un evento no que faltarán algúns dos mellores representantes da comunidade por coincidir esta con outras probas de nivel internacional. Pero antes do Campionato Galego, tamén nas inmediacións da Ponte dos Tirantes, celébrase o Triatlón Sertri, un evento organizado pola Cadena Ser, que pasou con éxito por outras cidades españolas. As probas comezarán ás 11.00 e haberá percorridos e distancias adaptados a tódalas idades. Os máis pequenos, que non nadarán pero si farán 500 metros en bici e 100 a pé, outro trazado pouco exixente para os mayores, de 150 metros a nado, 4 quilómetros en bici e 1 a pé, ou as distancias de sprint e supersprint. Ata o momento hai máis de medio milleiro de persoas inscritas, entre elas moitas mulleres. O prazo de inscrición para o Sertri estará aberto ata mañá. Para anotarse ou obter máis información: www.triatlon.cadenaser.com {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/09setembro/25/sertri.jpg align=center}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/09setembro/PtacSertri_250913.mp4{/flowplayer}