Velada de kick boxing e boxeo o venres a partir das nove e media

plantilla_deportes_boxeo_copy.jpgVILAGARCÍA> A praza da peixería, vai acoller mañá unha velada de kick boxing e boxeo, organizada polo Club de Boxeo de Arousa, que continúa así co seu programa de fomento dos deportes que ensina.

{flowplayer}images/salnes/KICK_BOXING.flv{/flowplayer}

Tralo gran éxito conseguido en Vilanova o ano pasado, o Club Boxeo Arousa escolle Vilagarcía como punto de encontro para a segunda edición da súa velada de kick boxing e boxeo. Una verdadeira festa destes deportes que vai comezar coa música de dj´s para caldear o ambiente.

A velada constará dun combate de boxeo, que ten a particularidade de que vai representar o debut de Joao, un brasileño afincado en Vilagarcía e que pertence o Club de Arousa. O seu rival vai ser un experimentado púxil pontevedrés.

O obxectivo dos responsables do club é que a xente coñeza de cerca os deportes do boxeo e do kick boxing, que non son simplemente dúas persoas pegándose nun ring.

Os afeccionados e os que non o sexan que queiran gozar do espectáculo, ou simplemente coñecer estas modalidades deportivas, o poderán facer de forma totalmente gratuíta.

Redacción Salnés