Vilanova a gran protagonista da Semana de Valle-Inclán

    VILANOVA> Poemarios infantís, conferencias, lecturas dramáticas e ofrendas florais, son algunhas das accións que se levarán a cabo para conmemorar en Vilanova o 151 aniversario do nacemento de Valle-Inclán, durante a semana cultural que o concello lle dedica ó célebre escritor. Este ano, ademais, coa súa vila natal, como gran protagonista. Aínda que a semana grande será a do 20 ó 29 de outubro, xa comezaron as actividades en Vilanova para conmemorar os 151 anos do nacemento de Valle-Inclán. Como é habitual no mes de decembro, a súa vila natal prepara para outubro unha semana de homenaxe ó seu veciño máis célebre. O pasado día 6 xa se presentou un poemario infantil, e o continúan as actividades o próximo día 20 cunha Conferencia centrada nos resultados das intervencións arqueolóxicas de Cálago, xa que este ano, a protagonista da semana é a vila natal do escritor. Por iso, o sábado 22 volverá haber unha conferencia a cargo de Alicia Padín, sobre os documentos e elementos conservados sobre Cálago. Unha vinculación, a do escritor con Cálago, que vén xa desde o seu pai, un home moi interesado pola riqueza arqueolóxica de Vilanova. O día 27 son os actos máis fortes da homenaxe. Os actos rematan o sábado 28 cunha conferencia sobre o pazo de A Xunqueira, un espazo moi vencellado á familia de Valle Inclán. O edil de Promoción Económica destacou tamén na presentación o aumento de visitas na Casa Museo Valle Inclán onde se celebrou a presentación, leva xa unhas 6.000 visitas no que levamos de ano, a mesma cifra que en todo o ano pasado, unhas cifras que veñen abaladas pola relevancia que está acadando na comarca a Variante espiritual do Camiño de Santiago.