Zona Aberta acusa de ‘indiferenza’ ó PP

    011208_zona_aberta_contra_pp100.jpgVILAGARCÍA > A presidenta da Asociación Zona Aberta, Rocío Louzán, vén de manifestar o seu malestar pola indiferenza do PP …

    {flowplayer}images/salnes/011208_zona_aberta_contra_pp.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > A presidenta da Asociación Zona Aberta, Rocío Louzán, vén de manifestar o seu malestar pola indiferenza do PP de Vilagarcía ante a instalación dunha área comercial na zona de Ande-Rubiáns. No pleno celebrado o xoves, PSOE, BNG e Esquerda Unida opuxéronse á creación destes grandes almacéns, mentres que os populares optaron por absterse na votación deste punto.

    Para Rocío Louzán non se pode entender que o Partido Popular apoie dende a Deputación ó pequeno comercio e dende o concello se manteña indeferente. A súa abstención no pleno do pasado xoves provocou unha vaga de críticas por parte da Asociación de Comerciantes de Vilagarcía, que vía ó centro comercial de Ande-Rubiáns como unha ameaza para o pequeno comercio e para a cidade. Louzán acusa ós populares locais de manter unha actitude incoherente e asegura que, neste caso a opción da abstención non era posible.

    Fronte a instalación desta área comercial, que ocuparía preto de 30 mil metros cadrados nas aforas da cidade, a presidenta de Zona Aberta si apoia o proxecto do Porto de Vilagarcía de construír un novo centro comercial no Ramal. Segundo Rocío Louzán, esta área contribuiría a dinamizar a zona e atraería xente á cidade.

    Redacción Salnés