• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS
RIANXO> A proba, organizada pola peña ciclisturista Castro Barbudo, terá lugar este próximo domingo a partir das nove da mañá e será puntuable para o Open Galego na especialidade de maratón. Os afeccionados ó ciclismo terán unha cita este próximo domingo en Rianxo coa disputa da décimo oitava edición da Subida ó Castro Barbudo de BTT. Todo un clásico neste tipo de probas na comarca do barbanza. Organizada pola peña ciclisturista Castro Barbudo a cita terá este ano un aliciente máis, ó estar incluída no Open galego na especialidade de maratón. Dende o Concello, que colabora na organización desta cita, valoraron moi positivamente a proba A saída está prevista para as nove da mañá dende a Praza de Campo de Pazos en Taragoña. Na carreira prevese a participación duns 150 corredores sumando tódalas categorías que deberán dar dúas voltas ó circuíto, no caso da especialidade de maratón, duns 31 quilómetros de percorrido.
NOIA> Noia acollerá por segundo ano consecutivo a Gran Ruta Celta BTT. A proba, prevista para este sábado, consta dun percorrido de cento oitenta quilómetros. Polo momento, xa hai preto de trescentos inscritos.
Pontevedra> O sábado 8 de abril o concello de Poio acollerá o IX Open Galicia de BTT. Unha cita puntuable no Open e na que participarán os mellores especialistas galegos desta disciplina. Dende a organización conta con preto de 150 ciclistas nas categorías de cadete, junior, sub-23 e master masculina e feminina.
Publicado en PONTEVEDRA
NOIA> A cita será o próximo catro de xuño coa disputa da segunda edición da BTT Gran Ruta Celta.
Publicado en DEPORTES
RIBEIRA> A proba está organizada polo departamento de Deportes coa colaboración do Club Os Saltamontes.
Publicado en DEPORTES
PONTEVEDRA> A proba para BTT terá lugar o próximo tres de outubro está organizada por Global DXT, en colaboración co concello e o club ciclista ‘A Roda do Demo’.
Publicado en DEPORTES
BOIRO> Chega a Boiro a cuarta edición do Barbantia Roda que este ano convértese no Campionato Galego de Maratón. Catrocentos ciclistas participarán nesta proba que se compón de cen quilómetros pola serra do Barbanza. A dureza do itinerario pagará a pena pola beleza das vistas e paisaxes naturais ó seu paso.
Publicado en DEPORTES
PONTEVEDRA> O ciclismo tamén ten un espazo para os máis pequenos. A Deputación de Pontevedra asinou esta mañá un convenio coa Federación Galega para a organización de nove carreiras  de mini BTT en toda a provincia, tres na comarca de O Salnés. As probas están incluídas na Copa Deputación de Pontevedra e está previsto que participen máis de 300 nenos.
Publicado en DEPORTES
HomeDEPORTESMostrando artigos por etiqueta: btt Top of Page

Síguenos en facebook