• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS
Pontevedra> A Federación Galega de Fútbol inaugurou en Pontevedra a súa nova sede na cidade. As oficinas están situadas na rúa Luís Otero, preto do estadio de Pasarón. A partir de agora este espazo será a sede da Delegación de Pontevedra da Federación, da delegación territorial do Comité de Árbitros e da Mutualidade de futbolistas.
Publicado en PONTEVEDRA
VILAGARCÍA> A selección galega feminina de fútbol xogará o vindeiro 22 de decembro en Vilagarcía. A Lomba será testemuña do encontro que enfrontará ao equipo galego coa selección catalá. Este martes o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, referiuse a Vilagarcía como a "cuna do fútbol" da provincia, na presentación do evento. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
CUNTIS> Cuntis presenta o campionato de Fútbol 8 da Federación Galega que se desenvolverá no campo de “A Ran” este sábado. Con entrada gratuíta a todos os partidos, a vila converterase esta fin de semana na sé dunha competición que entre xogadores e familiares reunirá a un milleiro de persoas, segundo cálculos da organización.
Publicado en SALNÉS - CALDAS
Sanxenxo podería albergar unha das tres xornadas clasificatorias da Liga Europea de Fútbol Praia. 
Publicado en SALNÉS - CALDAS
SANXENXO> Vitoria galega na primeira Copa Real Federación Española de Fútbol. O Coruxo, anfitrión do torneo, conseguiu o título tras vencer ao Levante na final de onte. O conxunto valenciano rendeuse ante o bo xogo dos vigueses, que deixaron o marcador 2 a 6. O bo tempo tamén animou o encontro: veciños e turistas achegáronse a seguir o partido que pechou esta primeira edición da copa.
Publicado en DEPORTES
SANTIAGO> Xa é oficial. A Federación Galega de Fútbol xa ten nova directiva, un equipo encabezado polo presidente Rafael Louzán que onte tivo en Santiago a súa posta de longo. Máis de 600 persoas, entre elas o presidente da Federación Española de Fútbol, Ángel María Villar, asistiron á presentación na que se fixaron as liñas mestras que marcarán a xestión da Federación, todo na procura dun cambio da forma de traballar.
Publicado en DEPORTES
Publicado en portada
PONTEVEDRA> A Federación Galega de Fútbol ten desde onte novo presidente. O pontevedrés Rafael Louzán logrou o apoio de oitenta dos 150 asembleístas fronte ós 65 que deron o seu voto ó aspirante á reelección, José García Liñares. Louzán insiste en que non foi un vitoria doada, bota en cara a campaña ‘sucia’ que realizou o contrincante e resérvase o´falar de plans ata coñecer o estado e toda a documentación da Federación.
Publicado en DEPORTES
 
Publicado en portada
PONTEVEDRA> Rafael Louzán será candidato á presidencia da Federación Galega de Fútbol. O actual presidente da Deputación de Pontevedra confirmou esta mañá a súa intención de presentarse, unha decisión que toma, asegurou, debido á ampla petición que lle fixeron os clubs da provincia. Louzán arranca agora un calendario coa vista posta nas votacións do 18 de decembro, tempo durante o que quere reunirse con todos os representantes de clubs, adestradores, xogadores e árbitros de toda a comunidade.
Publicado en PONTEVEDRA
HomeDEPORTESMostrando artigos por etiqueta: federacion galega de futbol Top of Page

Síguenos en facebook