Iago López e Kahena Kunze participarán nunha xornada de concienciación ambiental na Aguieira

PORTO DO SON> A actividade, que está organizada pola concellería de Medio Ambiente, desenvolverase este sábado, a partir das once da mañá.

Esta mañá presentábase na casa de cultura de Portosín a xornada de concienciación ambiental organizada pola concellería de Medio Ambiente. A actividade desenvolverase este vindeiro sábado, a partir das once da mañá, na praia de Aguieira.

Na iniciativa tomarán parte o regatista olímpico local, Iago López Marra, e a súa noiva, a brasileira Kahena Kunze, medalla de ouro nos pasado Xogos de Tokio. Os dous destacaron a importancia de xornadas coma esta e tamén da necesidade de coidar o noso medio ambiente.

No desenvolvemento da actividade, enmarcada  na campaña ‘Infinitamente Natural’, colaboran tamén diversas entidades locais como é o caso do Real Club Náutico de Portosín, a Escola de Surf As Furnas ou a propia Confraría de Pescadores de Portosín.

Non haberá límite de prazas nin se require tampouco inscrición previa. Tódolos participantes recibirán un agasallo do Concello e participarán tamén nun sorteo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí