Instalacións públicas infrautilizadas por falla de mantemento

    psoepobra_100_201207.jpgPOBRA > O PSOE da Pobra fíxose eco do malestar existente entre os veciños do Camiño Ancho ante as deficiencias do local que lles cedeu o concello.

    Este inmoble de titularidade municipal, que antes albergaba unha escola unitaria, serve agora coma sede social da Asociación de Veciños Camiño Ancho. Sen embargo, o colectivo apenas pode facer uso das instalacións dado o mal estado en que se atopan debido á falla de mantemento e limpeza.

    O Partido Socialista da Pobra vén de facerse eco do seu malestar denunciando as condicións insalubres que presenta o local. Segundo os edís socialistas, o executivo municipal comprometarase a arranxar o inmoble hai xa dous anos cando o derrube da casa contigua provocou importantes da nos na antiga escola. Dende aquela, e a pesar de que a compañía de seguros destinou unha importante contía para este fin, non se ten acometido ningunha actución.

    Os socialistas lembran que se trata dunha actuación sinxela, que non precisa dun gran orzamento, e que pode ser acometida polos propios operarios municipais. As cuestións máis urxentes que resaltan son a reparación das humidades, o pintado interior e exterior, e o adecentamento do recinto do edificio que na actualidade se atopa cheo de lixo e maleza.

    Mobiliario

    Ademais, solicitan a dotación dun mobiliario axeitado que permita o uso do local por parte dos veciños duranto todo o ano e, en especial, de cara ós próximos comicios posto que constitúe un colexio electoral.

    Dende o PSOE pobrés consideran que o abandono a que está sometido este tipo de instalacións públicas responde ó interese do goberno municipal de reducir ó mínimo as accións veciñais conxuntas. Lembran a este respecto que o Camiño Ancho é a única asociación que dispón aínda dun local, que na actualidade xa case non pode ser utilizado.

    {flowplayer}barbanza/psoepobra.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza