Recepción oficial ás ‘leonas’ no concello de Boiro

BOIRO> As integrantes da selección española de voleibol en categoría absoluta atópanse estes días na localidade boirense adestrando para o preeuropeo. As ‘leonas’ foron recibidas este mediodía no Concello polo alcalde, Xoán Xosé Dieste. As xogadoras atópanse dende hai varias semanas na localidade preparando o próximo torneo de clasificación para o Campionato de Europa de 2019 no que se enfrontarán ás seleccións de Romenia, Letonia e Bosnia-Herzegovina. Ademais das xogadores, adestrador e resto do corpo técnico, no acto tamén tomaron parte o presidente do Club Boiro Voleibol, Óscar López, e  o presidente da Federación Galega, José Angel Luna. Os dous agradeceron a presenza do combinado nacional en Boiro. Unhas palabras que tamén refrendou o rexedor boirense. Despois do intercambio de agasallos no salón de plenos, realizouse da foto de familia de rigor diante da casa consistorial. O combinado nacional disputará en Boiro e en Noia varios partidos amistosos contra Bélxica, os días 3 e 5 de agosto, e con Portugal, o 10 e 11 dese mesmo mes.