Roteiro con Castelao polo patrimonio de Salcedo

Pontevedra > Este sábado 12 e o domingo 20 de novembro terán a oportunidade de pasear con Castelao pola súa cidade natal grazas ao roteiro Meu Pontevedra, Catelao en Salcedo. Unha cita que organizan dende a asociación Salcedo Norte e que será de balde. Os interesados en desfrutar deste evento o único que teñen que facer é presentarse no punto de partida que será os dous días as 10:30 na Praza de Galicia de Pontevedra. 

 

Castelao volve a súa cidade natal grazas ao roteiro que organizan dende a asociación Salcedo Norte este sábado 12 e domingo 20 de novembro. 

Este roteiro Meu Pontevedra, Castelao en Salcedo será de balde e que todo o mundo está convidado a participar. O único que teñen que facer os interesados é estar presentes calquera dos dous días no punto de partida que será as 10:30 da mañá na Praza de Galicia de Pontevedra. 

Un roteiro que terá unha duración de 3 horas  e que contará cun guía que será o antropólogo Rafa Quintía e 8 actores caracterizados nas personaxes desa época da compañía Escuadra17. Unha actividade patrocinada pola Deputación. 

O paseo teatralizado terá contará cun percorrido de 4 kilómetros polo patrimonio de Salcedo lembrado por Castelao no seu escrito Meu Pontevedra. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/09/roteiros_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/09/roteiros.mp4{/flowplayer}