Waterpolo, balonmán e baloncesto na axenda da fin de semana

trofeos100_230807.jpgPONTEVEDRA > Fin de semana deportivo. O sábado haberá todo o día competición de waterpolo nas Corbaceiras

e pola noite no pavillón o Teucro e o Isabe de Portugal disputarán o Trofeo Cidade de Pontevedra de balonmán. Tamén o sábado, sobre as once da mañá comeza na Avenida Montero Ríos o torneo 3 x 3 de baloncesto.

Circuíto que se repetirá o domingo en Combarro. O Arxil espera reunir esta fin de semana a cincocentos deportistas na sexta edición do Torneo 3 x 3 de baloncesto. Este ano o circuíto cubre Pontevedra e Poio. O sábado empeza sobre as 11 da mañá na Avenida Montero Ríos, onde haberá 6 pistas grandes e 3 pequenas, e o domingo trasladarase todo ó peirao da Canteira en Combarro.

O waterpolo será outra das ofertas deportivas desta fin de semana. O sábado dispútase a partir das once e media da mañá o terceiro Trofeo Cidade de Pontevedra, de novo en homenaxe a Pepe ‘Malecho’, un dos precursores do waterpolo pontevedrés. Participan o Leioa vasco, o Avilés de Asturias, un combinado galego e o Club Natación Pontevedra. O evento congregará a máis de 60 deportistas no Lérez, na zona das Corbaceiras.

Xa pola noite, o sábado, ás 9, no pavillón dos deportes disputarase outro Trofeo Cidade de Pontevedra, neste caso de balonmán. Xogarán por el o Teucro de liga Asobal, e o Ixabe, da Liga de Honra portuguesa. A entrada será a 6 euros.

Redacción Salnés