• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 481
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 611

DEPORTES (2470)

O Boiro-Arousa acapara a atención na xornada da Terceira
BOIRO> O partido, de gran rivalidade, terá lugar este domingo ás catro e media da tarde en Barraña.
A 10K Romaría Vikinga volve a Catoira o 29 de novembro
CATOIRA> A día de hoxe xa hai 398 deportistas inscritos. Consta de sete categorías, dende Pitufos a veteranos, con distancias que van dos cen metros ós dez quilómetros. Este ano ademais a organización renderá homenaxe ó atleta local Jesús Bernal, por ser o corredo con maiornúmero de probas desputadas en Galicia.
Darío Otero e Alba Baamonde, gañadores do I Duatlón Cross de Lousame
LOUSAME> O corredor compostelán Darío Otero do Team Corbelo, en categoría masculina, e a atleta noiesa Alba Baamonde do Coffee Times, en categoría feminina, foron os gañadores do I Duatlón Cross de Lousame, celebrado este pasado domingo. Na proba, organizada polo Club BTT O Treito, contou cunha participaron dun total de 150 atletas. Os premios…
Cinco membros do Fontecarmoa optan a gañar no Open McDonalds Vilagarcía de xadrez
VILAGARCÍA> Este sábado, o xadrez volve a Vilagarcía. A vila acolle o noveno Open McDonalds Vilagarcía, a última proba do circuíto promoción da Federación Galega de Xadrez e que agarda reunir a preto de 180 xogadores. O Club Fontecarmoa afronta esta cita con cinco candidatos a gañar algún dos títulos.
O CR Cabo de Cruz acaparará o protagonismo na gala do remo galego
BOIRO> O Club de Remo Cabo de Cruz será un dos grandes protagonistas na gala do remo galego que se celebrará este próximo sábado en Marín, a partir das sete da tarde. No acto, organizado pola Federación Galega, entregaranse os premios ós mellores clubs e tamén as mellores embarcacións da presente tempada. Os boirenses recibirán…
O Open Internacional de Taekwondo chega á súa XVIII edición
PONTEVEDRA> O Open Internacional de Taekwondo “Cidade de Pontevedra” chega á súa décimo oitava edición. Máis de 1100 participantes daranse cita no Pavillón Municipal dos Deportes durante esta fin de semana nunha proba que segue crecendo en número de combates e que contará co uso de petos e cascos electrónicos.
A III Carreira Popular Toffe Rianxo xa conta con preto de trescentos inscritos
RIANXO> A proba, organizada polo Club Atletismo Rianxo, celebrarase o próximo dous de novembro e enmárcase no Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.
Rianxo acollerá este sábado a I Regata de Piragüismo Banco Sabadell Gallego
RIANXO> A proba está organizada polo Club Piragüismo Rianxo en colaboración co propio concello e conta co patrocionio, entre outras entidades, do Banco Sabadell Gallego.
Manuel Ruíz recibe á nova directiva do Club de Pádel Ribeira
RIBEIRA> O alcalde, Manuel Ruiz, recibiu esta mañá no seu despacho á nova directiva do Club Deportivo de Pádel Ribeira que foi elixida recentemente. Andrés Lijó, coma presidente, xunto co resto dos membros da entidade, presentáronlle ó rexedor ribeirense os proxectos máis inmediatos que pretenden levar a cabo, entre os que se atopa a inminente…
Arranca en Ribeira o XV Torneo Internacional de Taekwondo
RIBEIRA> Na cita organizada polo club Natural Sport tomarán parte preto de un milleiro de deportistas.
A Copa de España Laser Radial de vela convocará a máis de 88 regatistas
VILAGARCÍA> A Copa de España Laser Radial dispútase na ría de Arousa. Esta fin de semana, Vilagarcía acollerá a competición, a penúltima para ir pechando o calendario de regatas deste ano. Entre o 9 e o 12 de outubro, ao redor de 88 participantes competirán para facerse co título.
A carreira Sin-Son cambia de data pola coincidencia coas eleccións xerais
PORTO DO SON> Á falla aínda de varios meses para a celebración da Sin Son 10K, será finalmente o domingo trece de decembro, a organización está a ultimar xa os preparativos para o desenvolvemento da proba que chega este ano a súa cuarta edición. Varias serán as novidades deste ano, entre elas a participación de…
HomeDEPORTES Top of Page

Síguenos en facebook