• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 481

DEPORTES (2462)

A praia de Tanxil acollerá este sábado o I Torneo de Rugby-Praia de Rianxo
RIANXO> O campionato, organizado polo Club Os Irlandeses de Rianxo e o Club Barbanza Rugby, dará comezo a partir das once da mañá.
O Torneo EncestaRías saca os abonos á venda este venres
VILAGARCÍA> Imos coñecendo máis detalles do que será o primeiro Torneo EncestaRías. O triangular que traerá ata Vilagarcía a tres equipos da liga ACB a fin de semana do 11 ao 13 de setembro porá á venda os seus abonos para asistir aos tres partidos este venres. Como oferta de saída, nos tres primeiros días…
O Duatlón de Ribeira converterase nunha homenaxe a Jesús Huerta
RIBEIRA> Ribeira volverá converterse, por terceiro ano consecutivo, en sede dunha proba popular de duatlón. O memorial Jesús Huerta desenvolverase na capital barbanzá o día trece de setembro.
Fútbol solidario por unha boa causa
BOIRO> O comité boirense da Asociación Española contra o Cancro promove un partido de fútbol de veteráns coa finalidade de recadar fondos para a entidade. O encontro terá lugar este próximo sábado a partir das seis da tarde no campo municipal de Vista Alegre e enfrontará a dous clubs locais, o KIR´S e o Barbantia.…
Presentada a XXVII Regata Mar de Finisterre - I Trofeo Pitusa Sabín
PORTO DO SON> A proba, que terá lugar esta próxima fin de semana, será valedeira para o Campionato de España de Cruceiros ORC na zona norte, da que sairán os tres representantes galegos que pelexarán polo título nacional en Valencia no mes de outubro.
A ría de Arousa acolle esta fin de semana o XLVII Trofeo San Roque de vela
VILAGARCÍA> Esta fin de semana a vela volve a Vilagarcía. A vila acollerá unha regata que xa cumpre 47 anos, o Trofeo San Roque, que dende hai tres se acompaña tamén do Gran Premio Ramiro Carregal de clase Snipe. A proba está organizada polo Real Club de Vela de Vilagarcía, que prevé que participen ao…
Cabo de Cruz mantén a sétima praza da xeral na ACT
BOIRO> A traíña crucense acadou dous meritorios sextos postos esta pasada fin de semana na dobre cita de Zarautz.
Juan Antonio Gude e Lara Buig gañadores da carreira popular de Corrubedo
RIBEIRA> A segunda edición da Carreira Popular de Corrubedo disputada esta pasada fin de semana reuniu a preto dos catrocentos corredores. A maioría deles tomou parte na categoría absoluta. O percorrido de 11'3 quilómetros, tiña coma punto de partida e chegada a zona do porto, debendo atravesar ademais lugares tan atractivos como O Corgo, Balieiros,…
Estudiantes, Herbalife e Monbus xogarán o I Triangular EncestaRías
VILAGARCÍA> Unha iniciativa dun grupo de amigos amantes do baloncesto aspira a converter a Vilagarcía en referente do baloncesto de elite. O once de setembro no pavillón de Fontecarmoa arrancará o I Torneo Triangular EncestaRías. Tres días para ver en directo a tres grandes da ACB: o Movistar Estudiantes, O Herbalife Gran Canaria e O…
Noia homenaxea a oito deportistas locais coa entrega das laudas
NOIA> O concello de Noia entregou as laudas ó mérito deportivo a oito veciños que destacan en distintas disciplinas. Entre os nomes dos galardoados figuran o do xogador de baloncesto José Ángel Antelo, actual capital do CAM Murcia, ou o Club de Fútbol Noia que acaba de ascender a terceira división.
A festa da bici na Pobra terá un carácter solidario
POBRA> Este próximo sábado, 15 de agosto, celebrarase na Pobra do Caramiñal a vixésimo quinta edición da Festa da Bici, organizada pola concellaría de Deportes. A principal novidade deste ano é que a actividade terá un carácter solidario e cada participante terá que achegar un quilo de alimentos non perecedeiros no momento de realizar a…
O triatlón volve á capital coa proba Cidade de Pontevedra
PONTEVEDRA> O domingo 23 de agosto o triatlón volverá copar as rúas pontevedresas. A cidade prepárase para acoller o Triatlón Cidade de Pontevedra que con quince edicións ás súas costas xa é unha das probas máis veteranas de toda Galicia. Como particularidade, a cita non está pensada unicamente para os deportistas federados; os afeccionados tamén…
HomeDEPORTES Top of Page

Síguenos en facebook