• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 346
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 166

DEPORTES (2472)

A Fundación Celta elixe de novo Boiro para o seu Campus de Verán
BOIRO> A actividade, que está dirixida a nenos de idades comprendidas entre os catro e os dezaseis anos, desenvolverase do 27 ó 31 de xullo nos campos municipais de Vista Alegre.
Celébrase a XXI edición da Baixada do río Umia de piragüísmo
Este domingo será un bo día para disfrutar do piragüísmo na comarca do Salnés. E é que vaise celebrar a vixésimo primeira edición da Baixada do Río Umia. Polo momento, xa están confirmados 190 participantes de 18 clubes.
Máis dun cento de deportistas participarán na V Travesía a Nado de Rianxo
RIANXO> Rianxo acolle este domingo a quinta edición da travesía a nado. A empresa Aquafit, concesionaria da piscina, organiza a proba na que participarán máis de cen deportistas. Os nadadores da categoría absoluta deberán completar unha distancia de dous mil metros.
Coroso acollerá este domingo a I Bandeira de Traíñas Concello de Ribeira
RIBEIRA> Este domingo disputarase a primeira Bandeira de Traíñas Concello de Ribeira. Na regata de pretempada participarán máis de 300 remeiros procedentes de clubs de toda Galicia: 15 en categoría masculina e 3 en feminina. O inicio da competición, que se desenvolverá na zona de Coroso, está previsto para as once da mañá, coa categoría…
Porto do Son promove o deporte base cunha nova edición do 'Peque Basket'
PORTO DO SON>Os pequenos afeccionados ó baloncesto teñen unha cita esta fin de semana en Porto do Son. Alí desenvolverase a terceira edición do Peque Basket que contará coa asistencia de máis de cincocentos deportistas de equipos de toda Galicia. Entre eles, os dous clubs da comarca: Noia e Santa Baia de Boiro.
Ribeira acollerá unhas xornadas de mellora individual de baloncesto
RIBEIRA> Gonzalo Rodríguez, adestrador axudante do Río Natura-Monbus Obradoiro, impartirá unhas xornadas de adestramento de mellora individual en Ribeira. Será do seis ó dez de xullo no pavillón Alcalde Torres Colomer de Palmeira e irá dirixida ás categorías infantil, cadete e junior.
A BTTinto bate novo récord con preto de tres mil participantes
RIBADUMIA> A BTTinto volveuno a conseguir. Récord absoluto de participación con preto de tres mil deportistas que onte á mañá tomaron a bicicleta para participar nas distintas probas que alberga a competición. Se o ano pasado houbo que plantar cara á choiva, este tocou pedalear baixo un sol de xustiza.
O NOIA CF enfróntase o partido máis importante da tempada
NOIA> San Lázaro será escenario este domingo do partido de volta da eliminatoria de ascenso a Terceira División que disputan Noia e Portonovo. No encontro de ida celebrado en Baltar o resultado foi de empate a dous tantos.
Grandes canteiras futbolísticas de España e Portugal no Trofeo Cidade de Vilagarcía
O campo da Lomba acollerá entre o 19 e o 21 de xuño a cuarta ediciónn do Torneo Cidade de Vilagarcía de fútbol 8. Este ano volve reunir grandes canteiras do balompé nacional e estranxeiro, e mesmo ven un equipo de Dubai.
Máis de mil nenos achéganse ao balonces grazas ao Torneo 3x3 do Arxil
PONTEVEDRA> Décimo cuarta edición pero máis forte que nunca. O Club Baloncesto Arxil volveu bater records de participación no seu torneo 3x3. Máis de mil escolares pontevedreses gozaron da mañá, do bo tempo e do baloncesto na avenida Montero Ríos.
Novo éxito de convocatoria da marcha cicloturista do clube Lobeira
O clube ciclista Lobeira organizou esta pasada fin de semana a súa xa tradicional marcha cicloturista, que cada ano, e xa van 20, atrae a un bo número de amantes de dar pedais. Na edición deste ano subiron a dous portos míticos do Salnés: Lobeira e Castrove.
HomeDEPORTES Top of Page

Síguenos en facebook