• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS

DEPORTES (2459)

Esta fin de semana O Grove celebra un campionato deportivo moi especial. Tratase do Campionato galego de Dardos que este ano cumpre a terceira edición en terras mecas. Máis de 600 xogadores vidos de toda España  participarán nas diferentes actividades que puntuarán cara os campionatos nacionais e Internacionais.
O piragüismo arousán está a demostrar un gran potencial, despois de colleitar tres medallas no Mundial de Maratón de Australia. Esta mañá chegaban os palistas ás súas casas e todos traían moi bos recordos desta experiencia. No Grove estivemos cos pupilos do Breogán, Fredi Bea, Rubén Paz e Tono Campos; e na Illa, con Ramón…
España completou a pasada fin de semana o mellor mundial de maratón da súa historia, con once medallas en total, ás que hai que engadir as dez que logrou na categoría de veteranos a pasada semana. O mundial desenvolveuse na cidade australiana de Perth e entre os medallistas atópanse varios palistas arousáns.
En terceira división o Vilalonga camiña con bo paso o gañar en casa o Lalín por dous goles a cero. O plantexamento similar dos dous equipos evitou que os dianteiros tiveran espazos polo que foi un partido moi desputado. En preferente sur o Unión Deportiva O Grove non pudo co Verín que aproveitou o mal…
Esta  fin de semana puxoxe o peche das actividades da Escola de Navegación e Aparellamento da Illa de Arousa. Como non podía ser doutra maneira o fin do ano de regatas estivo na entrega de premios as Dornas máis regulares das regatas Vela Galicia 2.005.
O Presidente da Deputación Rafael Louzán, visitou esta tarde o campo da Lomba de Vilagarcía para comprobá-lo estado das obras de remodelación das instalacións do clube Arosa. O céspede de herba natural xa está rematado, agora están desenvolvendo as obras de vestiario. Esperase que a partir de xaneiro o equipo poda adestrar e xogar no…
O Arousa Club de Futbol  celebrará en Vilagarcía o 26 de novembro o seu 60  naiversario.
Boa xornada para os nosos equipos locais. En terceira división o Céltiga venceu en casa O Val por cinco goles a cero e o Portonovo conseguiu os tres puntos ó encaixar un tanto ó Bergantiños. En rexional preferente o Grove logrou levarse o derbi ó gañar ó Cambados por cero a dous.
Esta fin de semana desenvolveuse a proba vilagarciá do Campionato Galego de Trial. No circuito de Montefría en Xiabre só houbo un gañador, trátase de José Manuel Suárez, piloto boirense que afianzou o seu liderazgo neste campionato consolidándose como o mellor piloto deste ano.
proba de texto de introducción deporte Salnés
Campeonato de futbol playa
Páxina 103 de 103
HomeDEPORTES Top of Page

Síguenos en facebook