• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

CANAL RÍAS BAIXAS
Erro
  • JUser: :_load: non foi posíbel cargar o usuario do ID: 611

DEPORTES (2462)

BOIRO> Barraña vibrou coa vitoria do Boiro ante o Cerceda por catro goles a cero. Os boirenses esperan xa rival no sorteo da fase de ascenso a 2ªB que terá lugar esta tarde.
BOIRO> Boiro e Cerceda librarán este próximo domingo en Barraña un duelo que decidirá ó campión de liga no Terceira División.
PONTEVEDRA> Uns 2.000 atletas competirán na Copa do Rei e da Raiña e no Campionato de España de tríatlon por relevos que se celebrarán os vindeiros 21 e 22 de maio en Pontevedra. A cidade do Lérez convértese esa fin de semana na capital do tríatlon e espérase un bo nivel de competidores na categoría…
LOUSAME> Os concellos de Lousame e Boiro colaborarán un ano máis na organización da cuarta edición da ruta de sendeirismo entre as Minas de San Finx e San Ramón de Bealo. A ruta, que terá lugar o sábado catro de xuño, contará cun percorrido de doce quilómetros e estará recomendada para persoas de tódalas idades…
RIANXO> A corporación municipal recibiu no Concello ós membros da tripulación infantil Campións Galegos e Campións de España de bateis.
 POIO> O concello de Poio está decidido a potenciar as pistas de tenis de Monte Baldío, na parroquia de Raxó. Tralas reformas efectuadas, o goberno local aposta agora por enchelas de contido, como o traslado das escolas deportivas deste deporte a estas instalacións e a organización dunha liga sénior.
GALICIA> A Selección Galega de Fútbol volve despois de 7 anos sen xogar e faino nun partido contra a selección venezolana, que disputará este xuño a Copa América Centenario. Os encargados de dirixir ao conxunto galego son os ex xogadores de Celta e Depor, Michel Salgado e Fran. A cita…o vindeiro día 20 en Riazor.
RIANXO> Na proba, que terá lugar este sábado no circuíto do Castro, tomarán parte uns vinte e sete vehículos nas categorías de menos de 1.600 centímetros cúbicos, máis de 1.600 e carcross.
BOIRO> A iniciativa presentada no concello desenvolverase do 27 de xuño ó 2 de xullo. Será o único que organice o club compostelán en toda a Galicia, agardándose a participación duns oitenta rapaces.
POBRA> O campionato celebrarase o próximo 17 de maio e estará organizado pola Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.
HomeDEPORTES Top of Page

Síguenos en facebook