• Facebook
  • Twitter
  • Rss
  • Plus

O litoral Atlántico en ALERTA VERMELLA por temporal Destacado

Xan 06 Escrito por 
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia informa de que durante o día de mañá, 6 de xaneiro, manterase activado o nivel de alerta vermello por un temporal costeiro no litoral Atlántico galego, con ondas que poderán chegar aos nove metros.
Segundo os datos facilitados pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o nivel de alerta vermello activarase a partires das doce do mediodía de mañá luns na costa do noroeste e oeste da provincia da Coruña, onde haberá mar combinada do oeste- noroeste e se poderán acadar ondas de oito a nove metros. A partires das 15 horas esta mesma situación tamén se estenderá ao suroeste da costa coruñesa e ao litoral de Pontevedra. Pola súa banda, mantense o nivel laranxa na costa lucense, onde tamén se agarda mar combinada do oeste- noroeste e ondas de cinco a sete metros. Ante estas alertas na costa, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das tres provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros, para que adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas. Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org [nova venta] ), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese. A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa,no boletín 15/GAL emitido o día 05/01/2014 ás 9:56 hora oficial, dun fenómeno meteo rolóxico adverso COSTEIRO de nivel VERMELLO por MAR COMBINADA do Oeste-Noroeste de 8 a 9 metros. A CORUÑA (Noroeste, Oeste:) A partir das 12:00 hora oficial do 06/01/2014 haberá mar combinada do oeste-noroeste podéndose acadar ondas de 8 a 9 metros. A CORUÑA(Suroeste) e PONTEVEDRA: A partir das 15:00 hora oficial do 06/01/2014 haberá mar combinada do oeste-noroeste podéndose acadar ondas de 8 a 9 metros. LUGO : Manténse o dia 06/01/2014 en nivel laranxa por mar combinada do oeste- noroeste de 5 a 7 metros. POLO QUE A DIRECCIÓN XERAL DE EMERXENCIAS E INTERIOR COMUNÍCALLES, QUE, EN PREVISIÓN DESTES FEITOS: Adopten as medidas preventivas neces arias ante as citadas predicións meteorolóxicas e no seu caso ALERTEN ou MOBILICEN ós medios e recursos dispoñibles.
Etiquetado como Galicia    Adversos Meteorolóxicos   
Publicado en GALICIA
Modificado por última vez no Sábado, 11 Xaneiro 2014 12:49

Artigos relacionados (por etiqueta)

  • Medio Rural afirma que non hai ningún foco de gripe aviar en Galicia
    Pontevedra> Dende a Consellería de Medio Rural envían unha mensaxe de tranquilidade á poboación. 7 concellos da provincia, entre os que se atopan Ribadumia, Meaño, A Illa, Vilanova e o Grove, deberán censar as súas galiñas. Un trámite, que segundo lle dixeron a esta canle nesta xornada dende a consellería , é necesario para actualizar o censo de explotacións familiares en Galicia e que nada ten que ver con ningún brote de gripe aviar.
  • Rosa Quintana reúnese co novo Secretario Xeral de Pesca
    GALICIA> Alberto López-Asenjo comprométese a traballar na mellora da xestións das cotas.
  • O Museo conmemora o seu premio da Cultura Galega
    Pontevedra> O Sexto Edificio de Pontevedra vestiuse de longo na fin de semana para celebrar un acto con motivo da entrega do Premio da Cultura Galega ao Museo. Un evento onde dende a Deputación apostaron por abrir os edificios que están pechados deste centro cultural, e por impulsar un comité asesor que deseñe o papel da institución nos vindeiros anos. 
  • Enoturismo Galicia presentouse ante o público de Fitur 2017
  • Galicia despídese de Fitur 2017 co presidente da Xunta
    GALICIA> Esta mañá o presidente da Xunta Alberto Nuñez Feijoo visitou a Feira internacional de Turismo en Madrid, nun acto que pecha tres días de encontros e presentacións para os profesionais do sector. Durante o seu discurso no pavillón de Galicia destacou a calidade da oferta turística da comunidade e felicitou ós profesionais do sector por conseguir un ano máis bater o récord de visitantes durante o pasado 2016. 
  • Enoturismo e turismo familiar, apostas do Clúster en Fitur
    GALICIA> "Enoturismo Galicia" e "Galicia, destino familiar", son as dúas marcas para impulsar a especialización da nosa comunidader como destino, que presentou o Clúster de Turismo de Galicia durante o seu acto en Fitur. 
HomeGaliciaO litoral Atlántico en ALERTA VERMELLA por temporal Top of Page

Síguenos en facebook